
Por décimo ano consecutivo, a USC figura entre as 500 mellores universidades do mundo segundo o National Taiwan University Ranking (NTU Ranking), clasificación internacional baseada en indicadores obxectivos para medir o rendemento da produción científica das universidades. Das españolas, a Universidade de Santiago é a décima de España, dun total de dezasete recollidas: (por orde) as universidades de Barcelona, Autónoma de Barcelona, Valencia, Autónoma de Madrid, Granada, Complutense, País Vasco, Oviedo, Pompeu Fabra, Santiago de Compostela, Salamanca, Politécnica de Valencia, Zaragoza, Politécnica de Cataluña, La Laguna, Cantabria e Sevilla.
No posto 404 da clasificación xeral, a investigación realizada pola USC destaca igualmente no ámbito específico das Matemáticas situándose na posición 78 de entre as mellores universidades do mundo. Igualmente destacadas son as posicións acadadas no ámbito das Ciencias da agricultura (162), Enxeñaría mecánica (180), Enxeñaría química (219), Farmacoloxía e Toxicoloxía (255), Química (255), Enxeñaría Civil (258), Ciencia da plantas e dos animais (280), e Ambiente e ecoloxía (297). De entre un total de seis campos temáticos, a USC figura na posición 278 do da Agricultura, na posición 278.
Na súa confección, este ránking toma en consideración tres criterios: o de excelencia da investigación (40% da nota final), impacto (35%) e a produción científica (25%). Neste senso para medir a excelencia valóranse o número de artigos altamente citados no período 2005-2015 e o de artigos publicados en 2014-2015 en publicacións de alto impacto; mentres que para o de impacto aténdese ao número de citacións nos dous últimos anos, a media de citacións acadada entre 2005 e 2015 e o índice h entre 2014 e 2015. Finalmente, o NTU Ránking mide a produtividade a partir do número de artigos publicados nos últimos once anos, os de 2015 e o índice de citación do período 2005-2015.
NTU Ranking emprega datos especificamente cuantitativos extraídos do Science Citation Index (SCI) e do Social Sciences Citation Index (SSCI), por entender que na actualidade a publicación en revistas científicas internacionais tense convertido no modo predominante de dar conta da produción científica. Ademais, en opinión dos promotores do estudo, os datos estatísticos relativos á publicación de artigos achega unha representación obxectiva da capacidade investigadora de cada universidade.
A selección das 500 universidades máis destacadas baseouse na información obtida do Essential Science Indicators (ESI). Dun censo inicial de 4.000 institucións investigadores contidas en ESI, a primeira selección reduciu esta cifra a 900, atendendo ao número de artigos publicados e ao número de citacións.
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.