
Dar a coñecer e e difundir os valores da poesía cun espírito didáctico. Este é o grande obxectivo da sétima edición do Encontro Internacional de Poesía que, organizado polo Círculo Poético Ourensán, se celebra en Ourense do 7 ao 9 de outubro. O programa, presentado esta mañá no salón de plenos do Concello de Ourense polo alcalde, Jesús Vázquez, o deputado provincial de Cultura, Manuel Doval, e os poetas María Rosa González e José Ramón Morgade, inclúe diferentes recitais pola cidade e a provincia ademais de visitas a centros escolares para o fomento da poesía entre os cativos.
Durante a fin de semana recibiremos a visita de nomes destacados no eido da poesía coma a mexicana Mónica Gameros, a portuguesa Lurdes Breda, o arxentino Henán Kozak, ou o colombiano Ruy Hernández, entre outros, aos que acompañará o músico ourensán Gabri Fernández. Tamén se realizará un roteiro polo casco histórico de Ourense, para poñer en valor a importancia dos poetas desta terra entre os visitantes, e haberá tempo para o recoñecemento ao esforzo a prol da poesía de diferentes institucións de Ourense, coma o CEIP Prácticas, un axente moi activo no espallamento desta arte entre os escolares.
A participación dos colexios é, precisamente, un dos obxectivos que persegue o Círculo Poético: No público de entre 8 e 12 anos estanse recollendo os froitos desta expresión literaria e artística, apuntaba Morgade na presentación. Así mesmo, adiantou a recompilación dos poemas que os visitantes de Ourense escreben ao remate da súa visita para presentalos nun monográfico.
Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.