
Esta é a primeira vez que este festival cinematográfico se celebra de maneira aberta aos públicos xerais, ademais das proxeccións destinadas a profesionais. Os nove títulos que integran esta edición do festival ofrecen unha ampla panorámica do que se produce agora mesmo no mundo das longametraxes documentais sobre música. Os nove documentais contan historias de música en Francia, Indonesia, Tailandia, Estados Unidos ou Senegal, entre outros.
Womex Film Nights ofrece unha plataforma para conectar as comunidades internacionais da música e do cine. Coa mesma orientación que o festival musical, este programa ofrecerá na súa cita de Santiago nove proxeccións de documentais doutros tantos países. As nove longametraxes seleccionadas explican a influencia da música no mundo e a influencia do mundo na música. Investigacións sobre a historia da música, celebracións mundiais, documentais sobre o compromiso dos músicos en África son algúns dos argumentos deste ciclo que, por primeira vez, será aberto a todos os públicos con proxeccións na cidade de Santiago de Compostela.
Esta edición do Womex Film Nights pretende satisfacer ao mesmo tempo aos profesionais e espectadores interesados na música e aos que interesados no cine. Ademais, o festival cinematográfico pretende ser útil para que se establezan contactos e ligazón entre directores, produtores, músicos e públicos. Os pases de cada unha das longametraxes contará cos seus directores e os espectadores e profesionais poderán dialogar con eles despois das proxeccións.
Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.