
A iniciativa busca estender a actividade cultural da Facultade de Filoloxía compostelá máis alá das súas propias paredes e poder compartila con todo o público interesado e a cidade. O ciclo desenvolverase ao longo de outubro procurando salientar os vínculos artísticos ou históricos entre ambos escritores.
Na conferencia inaugural, Luis Iglesias Feijoo introduciu ao numero grupo de estudantes presentes na imprenta de Juan de la Cuesta para explicar como se xestou a realidade material de El Quijote como libro. Nun ameno repaso polos distintos aspectos que compoñen a primeira parte da obra, o profesor Iglesias explicou as particularidades do libro, as súas interpretacións e o seu éxito comercial. A xornada deste luns 3 incluíu tamén unha presentación de sesións de traballo aberta a partir de textos dos dous autores no marco do Café de Linguas que organiza o Centro de Linguas Modernas da USC.
Próximo eventos
A Guerra das Rosas e a mitoloxía de Ricardo III son os temas que abordará en senllos seminarios (4 e 5 de outubro, respectivamente) o profesor Ashdown-Hill. Tamén está prevista o martes 4 ás 17.00 horas en Filoloxía unha lectura dramatizada co lema Os personaxes femininos de El Quijote. Ademais a Compañía Nelson Quinteiro Cabaret realizará unha residencia artística e un laboratorio de creación escénica arredor das obras poéticas de Shakespeare e Cervantes e que terá a súa correspondente posta en escena o 6 de outubro ás 19.00 horas na Facultade.
O programa continuará cunha lectura dramatizada do acto IV de Ricardo III o día 11 e coa conferencia o día 17 do presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, titulada Quixotismo e palomequismo. Ao día seguinte haberá oportunidade de participar na clase aberta da profesora M. Carmen Losada e no seminario de Berta Secall, incluído como actividade de formación do programa de doutoramento en Estudos da Literatura e da Cultura, que aborda a relación da danza na obras dos dous autores homenaxeados.
Xa o día 20 está prevista unha xornada de grupos de investigación do Departamento de Lingua e Literatura Inglesa sobre a época e Shakespeare, mentres que o día 24 o director da Real Academia da Lingua, o catedrático da USC Darío Villanueva, pronuncia a conferencia El Quijote e o dinamismo das imaxes e o 25 haberá no vestíbulo da Facultade de Filoloxía a lectura pública Shakespeare & Company.
A danza protagonizará a sesión do día 26 cunha performance polo corredores da Facultade e cunha clase dedicada aos autores. A conferencia do profesor da Universidade de Huelva Zenón Luis titulada Cardenio, o la memoria de Shakespeare porán o broche ao ciclo de actividades o día 27.
Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.