Notas de prensa

A Real Academia Galega (RAG) analiza a pegada das Irmandades da Fala en Ferrol

Un congreso, promovido pola Real Academia Galega (RAG), o Concello e o Coro Toxos e Froles os días 28 e 29 de outubro, analiza a pegada das Irmandades da Fala en Ferrol, no marco do programa conmemorativo do seu centenario. Historiadores, catedráticos e investigadores salientarán o papel xogado tanto polo devandito coro como por outros persoeiros ferroláns na difusión do ideario irmandiño.

O Concello de Ferrol, o Real Coro "Toxos e Froles" e a Real Academia Galega, organizan o Congreso Extraordinario "Terra de Trasancos", os días 28 e 29 de outubro, baixo o título "Toxos, Ferrol e as Irmandades da Fala".

Neste ano 2016, no que se celebra o 100 aniversario da creación das Irmandades da Fala, o Real Coro Toxos e Froles leva adiante esta iniciativa na que busca salientar tanto o papel xogado pola nosa Entidade, coma a doutros persoeiros ferroláns, na difusión do ideario irmandiño.

O programa do Congreso está conformado por mesas redondas, charlas e tamén aportacións de investigadores que queiran achegar os seus traballos a través de comunicacións, seguindo as bases do programa.

Analizar a pegada das Irmandades da Fala en Ferrol e na súa comarca e a influencia do coro Toxos e Froles na difusión deste movemento son os obxectivos do Congreso Extraordinario Terra de Trasancos Toxos, Ferrol e as Irmandades da Fala. O propio coro, o Concello e mais a Real Academia Galega organizan este encontro que entre os días 28 e 29 de outubro e que contará cunha conferencia inaugural a cargo do propio presidente da RAG, Xesús Alonso Montero.

O traballo de Xaime Quintanilla, as iniciativas de edición en Ferrol no tempo das Irmandades, ou as primeiras adhesións a este movemento na zona serán obxecto de diferentes mesas redondas. Ademais, está aberto o prazo para comunicacións relacionadas co tema.

Máis información: http://www.toxosefroles.com/joomla/

Toxos e Froles, 2016-09-20

Actualidad

Foto del resto de noticias (museo_do_pobo_galego_2.jpg) Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Foto de la tercera plana (cdc-00.jpg) Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.

Notas

O concerto de Sofía Ros na Casa do Saber do Campus de Lugo este luns, 26 de outubro, ás 20.15 horas, abre unha nova semana ateigada de citas culturais na USC. Música, diversos faladoiros, así como proxeccións audiovisuais integrarán os vindeiros eventos do Outono Cultural. Ese mesmo 26 de outubr,o no Pazo de Montenegro, a partir das 17.30 horas, desenvolverase o primeiro dos encontros 'Memoria democrática'. María Valcárcel, profesora da USC e periodista cultural, é a persoa coidadora deste proxecto. O acceso require inscrición previa.
A música folk será neste 2026 a gran protagonista do ciclo Música para reCREAr, que a Vicerreitoría do campus promove coa colaboración do Concello de Pontevedra, ao abeiro dun convenio de colaboración. Esta programación botará a andar este xoves 29 de outubro, ás 20.30 horas, no Pazo da Cultura, cunha actuación do grupo Caldo, mentres que o 12 de novembro, á mesma hora, poderá coñecerse o proxecto musical do dúo Abril.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES