Notas de prensa

O medallista olímpico Cristian Toro recibe a insignia de ouro da Deputación de Lugo

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, recibiu no salón de plenos do Pazo de San Marcos ao palista lucense Cristian Isaac Toro, recentemente proclamado campión olímpico na proba de K-2 200 metros, nos Xogos de Río de Janeiro 2016. Toro recibiu a insignia de ouro da Deputación, unha distinción que vén a recoñecer a súa incuestionable traxectoria ao longo dos últimos anos.

Así mesmo, Cristian Toro asinou no libro de ouro da provincia, no que deixou constancia do seu agradecemento á Deputación polo apoio recibido.


Campos Conde sinalou que “é un orgullo para a nosa provincia contar cun deportista da talla de Cristian Toro, unha referencia no mundo do piragüismo e un exemplo para os máis pequenos deste deporte. A túa impecable traxectoria é froito do esforzo, do compromiso e do traballo diario. O teu sacrificio levoute a triunfar en campionatos nacionais e europeos, ata conquistar a medalla de ouro olímpica, o soño de calquera deportista de elite”, engadiu.

Ouro olímpico

Cristian Toro, no seu debut olímpico, deulle a Lugo unha medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Río despois de impoñerse na final do K2 200 metros xunto á súa parella de embarcación, Saúl Craviotto, cun tempo de 32:07 segundos, finalizando por diante dos británicos L. Heath y J. Schofield, segundos clasificados, e os lituanos E. Ramanauskas y A. Lankas, que completaron o podio.

Deputación Provincial de Lugo, 2016-08-30

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES