
O Festival Intercéltico O Son do Pazo celebra a súa segunda edición con dous días de concertos, o 12 e 13 de agosto, nos que actuarán os grupos Malvela, Treixadura, Akelarre Agrocelta e Tiruleque, xunto coa Banda de Gaitas Ariños do Castelo e mais os gaiteiros da Ruada do Centro Cultural de Torroso. O Festival BailaMos e mais exposicións de coiro e de instrumentos completan o cartel de O Son do Pazo, que foi presentado esta mañá en rolda de prensa no pazo de Mos.
O contorno deste pazo será o escenario dun festival que é boa mostra do labor que se vén realizando desde o ámbito local para lle ofrecer á cidadanía, en todo o territorio, unha programación cultural diversa e de calidade, como a que caracteriza esta dO Son do Pazo, afirmou o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo.
As inmediacións deste pazo engadiu serán o escenario perfecto para os grupos de referencia que conforman o cartel desta segunda edición, na que a calidade artística volve ser o referente dunha cita que, malia a súa curta traxectoria, podemos dicir que xa forma parte destacada do prestixioso calendario de festivais do verán galego.
O festival está organizado polo Círculo Cultural e Deportivo Santa Eulalia de Mos, representado na rolda de prensa pola súa presidenta, Juana María Moreno Blanco, e conta coa colaboración da Consellería de Cultura e Educación, da Fundación Pazo de Mos e mais do Concello de Mos. A alcaldesa do municipio, Nidia Arévalo, tamén participou na rolda de prensa de presentación do festival, que porá a disposición dos asistentes unha zona de acampada libre.
Concertos e festival de danza
A Banda de Gaitas Airiños do Castelo será a encargada de abrir, o venres día 12 de agosto, ás 22:00 horas, O Son do Pazo, seguida dos grupos Malvela e Tiruleque. O sábado día 13 a partir das 17:00 horas terá lugar unha concentración de coches Seat 600 e a partir das 20:00 será a quenda do Festival BailaMos, no que participarán un total de sete grupos, con preto de 200 bailaríns e músicos. A partir das 22:00 horas chegarán os concertos a cargo dos Gaiteiros da Ruada C.C. de Torroso, de Teixadura e de Akelarre Agrocelta.
En xaneiro de 2016, a Consellería de Cultura e Educación asinou un protocolo de colaboración coa Fundación Pazo de Mos que se está a traducir no apoio do Goberno galego á dinamización cultural do concello pontevedrés.
Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.