
O obxectivo da xuntanza é impulsar a actuación en favor das empresas emerxentes, explorando as boas prácticas que xa se están aplicando a nivel nacional e europeo así como a maneira de desenvolver novas formas de colaboración entre universidades e as empresas innovadoras e de rápido crecemento. O encontro, inaugurado no Centro de Estudos Avanzados da USC polo reitor Juan Viaño, o presidente de ECO, Joost van Iersel, e o alcalde do Concello de Santiago, Martiño Noriega, permite debater as medidas necesarias para abordar o problema do acceso ao financiamento, as cargas administrativas e a realización do mercado único dixital da UE, encamiñadas todas elas a facer da UE un polo de atracción para o talento e o espírito empresarial.
O obxectivo da xuntanza é impulsar a actuación en favor das empresas emerxentes, explorando as boas prácticas que xa se están aplicando a nivel nacional e europeo así como a maneira de desenvolver novas formas de colaboración entre universidades e as empresas innovadoras e de rápido crecemento. O encontro permitirá debater as medidas necesarias para abordar o problema do acceso ao financiamento, as cargas administrativas e a realización do mercado único dixital da UE, encamiñadas todas elas a facer da UE un polo de atracción para o talento e o espírito empresarial.
Como puxo de manifesto durante a inauguración o reitor Juan Viaño considera a temática desta reunión clave para o progreso e benestar social. Dixo é un tema de extrema importancia para toda a sociedade que, hoxe máis que nunca, necesita de máis e mellores empresas. Neste contexto, o reitor destacou que as universidades facemos importantes esforzos por promover a excelencia investigadora e puxo como exemplo o Campus de Excelencia Internacional Campus Vida e o recén creado Campus Terra, que dota ao Campus de Lugo cunha identidade científica propia especializada nas ciencias agroalimentarias, veterinarias e forestais, ademais do proxecto para desenvolver un Campus da Cidadanía, especializado en Ciencias Sociais e Humanidades.
A creación de empresas universitarias, o emprendemento universitario, é un catalizador de incuestionable eficacia no proceso de transferencia de coñecemento dende a universidade á sociedade, polo que temos o deber de promover a iniciativa emprendedora entre os nosos investigadores e de facilitarlle un entorno propicio para a maduración das tecnoloxías, engadiu Viaño. A posta en marcha en 1999 da incubadora de empresas Uninova ou a creación da primeira Sociedade de Capital Risco de carácter universitario de España Unirisco- ou de Uninvest de financiamento de spin-off universitarias de toda España- foron algúns dos exemplos sinalados polo reitor compostelán como mostra do esforzo realizado pola USC para apoiar a promoción de empresas innovadoras. A experiencia acumulada neste anos permitiunos aprender e constatar que se realmente queremos crear e consolidar un tecido empresarial altamente innovador e que mellore a competitividade das nosas economías, a universidade non pode xogar un papel secundario.
Logo da quenda de intervencións previstas para o longo da sesión matinal no Centro de Estudos Avanzados, o grupo desprázase pola tarde ao Campus de Excelencia Internacional da USC, Campus Vida, para coñecer o labor desenvolvido pola USC a través do edificio Emprendia e no Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS). Ademais, visitarán as instalacións de dúas empresas xurdidas a partir de proxectos de investigación da universidade compostelán: Nanogap, dedicada a nanomateriais e baseada nunha plataforma tecnolóxica de química mollada controlada con precisión, e Neoker, sociedade para a produción de fibras de alúmina monocristalinas para o esforzo de composites de altas prestacións.
O CESE é un foro único de consulta, diálogo e consenso entre representantes de todos os sectores diferentes da sociedade civil, incluíndo empresariado, sindicatos e entidades como asociacións profesionais e comunitarias, organizacións xuvenís, grupos de mulleres, consumidores ou ecoloxistas, entre outros. A súa misión é contribuír a garantir que a elaboración de políticas e a lexislación da UE sexan máis democráticas e eficaces e reflictan autenticamente as necesidades dos cidadáns europeos.
O Comité presta asesoramento ao Parlamento Europeo, ao Consello e á Comisión Europea e os seus ditames inflúen verdadeiramente na elaboración das políticas da UE.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.