
A directora xeral de Comercio e presidenta de Galicia Calidade, Sol Vázquez Abeal, visitou as instalacións que a produción do polo Cuk do Grupo Sada ten no municipio lucense de Castro de Rei, un produto que conta coa certificación de calidade desde o ano 2014 e que se comercializa para toda España.
Durante a visita, que estivo acompañada pola delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, e polo xerente de Galicia Calidade, Alfonso Cabaleiro, a directora xeral de Comercio destacou que as principais empresas avícolas con plantas de produción en Galicia, como é o caso do Grupo Sada, contan co selo de garantía Galicia Calidade, o que proba o prestixio que representa para as empresas e a confianza que xera nos consumidores.
Sol Vázquez destacou o esforzo do Grupo Sada, que pertence ao holding Nutreco, para producir os polos Cuk con criterios de calidade e alimentación a base de vexetais, con garantías de seguridade alimentaria e con información para os consumidores de todo o proceso de produción. Ademais da certificación de Galicia Calidade, conta tamén co selo SGS, de recoñecemento internacional.
A directora xeral de Comercio sinalou que, ademais do Grupo Sada, tamén están certificadas por Galicia Calidade as principais empresas do sector avícola de Galicia, entre as que figuran o grupo Coren, Avícola de Galicia, Pazo de Vilane, Avícola Tratante ou Granxa Campomayor. Na actualidade, 81 empresas teñen autorización para usar o selo Galicia Calidade nos seus produtos, despois de superar os controis de certificación. En conxunto, a súa facturación global representa o 4,5% do PIB da economía galega e 5.000 empregos directos. O sector da alimentación significa o 72,9% do total.
Líder no sector alimentario
O Grupo Sada produce os polos que se comercializan coa marca Cuk nas instalacións que posúe no municipio de Castro de Rei (Lugo). Os polos conta cun período de crianza mínimo de 56 días, con baixa densidade nas granxas e cunha alimentación vexetal do 65%, do que o 50% é millo, o que outorga unha cor amarela á súa carne.
O Grupo Sada, que factura máis de 144 millóns de euros e xera 337 empregos, pertence á compañía Nutreco Ibérica, filial en España e Portugal de Nutreco, un holding que ten máis de 11.000 empregados en 35 países. O Grupo Sada ten 9 plantas de procesamento en España, que producen 2,6 millóns de polos á semana.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.