Notas de prensa

Preséntase a Memoria Anual 2015 do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia

Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia presenta un avance dos datos de Lugo da Memoria Anual de Actividades 2015, amosando a evolución dos principais indicadores da produción certificada na nosa comunidade e na provincia de Lugo en particular.

Datos destacables da produción:

1 Máis do 55% da produción certificada corresponde a derivados lácteos, principalmente iogur, leite UHT e diversos tipos de queixo.

2 Tamén é importante a produción cárnica, fundamentalmente de avicultura, con máis de 1,7 millóns de €.

3 A produción de castaña, recolleita silvestre ocupa o cuarto lugar con 1,42 millóns de €, 12,45% do total certificado.

4 A Sidra e produción de vinagres de sidra ocupa o cuarto lugar con 925.949 € e o 8,12% do total certificado.

Estas catro producións aglutinan o 90,7% da produción certificada na provincia.

Superficie inscrita en Galicia. Datos para a provincia de Lugo.

A superficie inscrita en agricultura ecolóxica ten un crecemento importante dende o ano 1997 no que se parte de 13,35 hectáreas en toda Galicia. 10 anos despois, 2007 a superficie supera as
10.000 hectáreas, concretamente 10.985,03 ha. É un crecemento espectacular, no que se inscriben todo tipo de producións agrarias.

Para o ano 2015 a superficie acada xa as 20.306,36 hectáreas cun incremento do 85% nos últimos 7 anos desde o 2007. A superficie inscrita pasa de 15.233,10 ha no ano 2014 a 20.306,36 ha no ano 2015, o que supón un crecemento do 33,30 %. O crecemento de superficie na provincia de Lugo no ano 2015 foi dun 36,12%, máis de 2.500 ha de crecemento durante o ano 2015.

Situación a 31 de maio do presente ano:

A peche de maio de 2016, a superficie medra pasando a ter inscritas 23.464,08 hectáreas, representa un crecemento da superficie dun 15,55 % en cinco meses. Esto é debido, en parte as novas axudas para a agricultura ecolóxica, que puxo en marcha a Consellería do Medio Rural no mes de marzo do pasado ano 2015.

Hay un incremento importante na superficie inscrita en Galicia, dun 15,55%, pero aínda é mais elevado na provincia de Lugo, cun crecemento do 23,65%. Está vinculado principalmente a explotacións de vacún, principalmente de leite. Compre destacar que 72,29% da superficie inscrita en Galicia no 2016 foi na provincia de Lugo. Máis da metade da superficie total inscrita en Galicia está na provincia de Lugo.

Case a metade da superficie total certificada en Galicia está na provincia de Lugo (47,53%). Desta superficie total, máis do 75% da adícase á gandería, con pastos temporais, pastos permanentes e pastos pobres.

Os froitos secos e froiteiras tamén teñen importancia, no tocante á castaña o 50% do total de superficie certificada en Galicia atópase na provincia de Lugo, con 725,52 ha. O caso da mazá, con mais de 120 ha e cerca do 50% ha tamén ten a súa importancia.

A metade da produción cerealística galega certificada tamén está inscrita nesta provincia, con máis de 57 ha. Case que o 100% dos cultivos industriais, con 29 ha. están certificados na nosa provincia. Finalmente o 75% das plantacións de aromáticas certificadas en Galicia atópanse na provincia de Lugo, máis de 10 ha.

Evolución dos operadores inscritos.

No seguinte cadro podemos observar a evolución do número de inscritos e o dato da superficie certificada polo C.R.A.E.G.A. nos últimos dezaoito anos. O crecemento no número de inscritos nos rexistros durante o ano 2015 e do 13,37 %. O número de produtores medrou no ano 2015 un 13 % e o número de elaboradores, importadores e comercializadores medra nun 14,77 %.

Para os primeiros cinco meses deste ano o número de operadores medra un 12,17% respecto do ano 2015, sendo esta porcentaxe dun 7,60% nas industrias, e un 13,42% dos produtores. A superficie increméntase neste período nun 15,55 %.

A produción acuícola está presente nas dúas provincias costeiras. A produción vexetal ten maior presencia na provincia de Lugo, con 121 operadores, por 113 de Pontevedra, e 78 e 40 para A Coruña e Ourense respectivamente. Respecto da produción animal, a provincia de Lugo, con 146 explotacións está moi lonxe do resto das provincias, Ourense 48, Pontevedra 16 e 27 na Coruña.

Finalmente, e falando da elaboración e comercialización, volve a ser a primeira por número de operadores a provincia de Lugo con 50, seguida por Pontevedra, con 41 e A Coruña e Ourense con 29 e 26 respectivamente.
Centrándonos nos datos provinciais, máis do 40% dos operadores inscritos atópanse na provincia de Lugo.

Teñen peso as producións gandeiras con case que as 2/3 partes do total de Galicia e os agricultores e industrias elaboradoras, co 34,38% e o 33% respectivamente.

Datos da provincia de Lugo a maio 2016.

Respecto dos datos provinciais a peche de maio de 2016, a variación neta é moi significativa, medrou o total de inscritos nun 18% pasando de 322 a 380 operadores. Corresponden con inscricións nos rexistros de produción animal (38), produción vexetal (15) elaboración (5), produción vexetal (15).

Neste ano 2015 temos un crecemento do 6,76 % de volume de ventas certificadas en ecolóxico. En valor monetario, 2,1 millóns de euros. As principais producións atendendo o volume de negocio son os produtos lácteos, pensos e alimentación animal, carne e derivados, conservas de peixe, outro elaborados, ovos e derivados e produtos de recolleita silvestre.

A produción da provincia de Lugo representa o 34,2 % da produción certificada total. A produción ecolóxica incrementouse no ano 2015 en 236.972 €

4. Conclusións finais.


1 A superficie inscrita da provincia de Lugo a peche dos datos de 2015, representa o 36% de toda a superficie certificada en Galicia. A peche de maio, Lugo xa representa o 50% da superficie total galega certificada en produción ecolóxica.

2 Nos cinco primeiros meses deste ano, inscribíronse en Lugo 2.282 ha, ata acadar as 11.935 ha. Isto representa un 23,65% de crecemento da superficie. O 72,29% da superficie inscrita en Galicia neste ano, corresponde a inscrición de superficie en Lugo. Con ese crecemento de superficie, a peche de maio, o 50% da superficie inscrita en Galicia está na provincia de Lugo.

3 Respecto dos tipos de producións agrarias certificadas en Lugo, o 75% da superficie adícase a gandería, como pastos temporais, pastos permanentes e pastos pobres. Con respecto dos froitos secos e froiteiras, o 50% da superficie galega inscrita atopase na provincia de Lugo. Respecto da produción de cereais, tamén atopamos en Lugo a metade da produción certificada en Galicia. O 100% dos cultivos industriais e o 75% das superficies aromáticas inscritas en Galicia tamén se atopan inscritas na provincia de Lugo.

4 A provincia de Lugo ten grande diversidade de produtores, destacando por número os adicados a produción gandeira de vacún de carne e leite fundamentalmente, produción vexetal fundamentalmente recolleita silvestre e fruticultura e industrias elaboradoras. A peche de 2015, o total de operadores inscritos en Lugo representan o 42,5%.

5 Os produtos lácteos representan máis da metade da produción certificada na provincia, concretamente o 55%. A carne avícola e de vacún, con 15,12% estaría en segundo lugar e a recolleita silvestre, castaña, sería a terceira, con 12,45%. Estas tres producións representan o 82,58% da produción certificada.

Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia, 2016-06-20

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES