Notas de prensa

A militancia de Anova vota por un posible partido e apoiar a coalición En Marea

A militancia de Anova-Irmandade Nacionalista pode votar na consulta interna sobre os acordos políticos para as eleccións do 26 de xuño a favor da súa preferencia por un partido instrumental sen que iso implique rachar o acordo cos socios de En Marea.

Anova remata as súas primarias e comeza unha nova consulta á militancia. As primarias internas de Anova-IN para escoller as persoas a propor para formar parte na lista de En Marea para as eleccións do 26X remataron hoxe ás 11:00 horas cun 61% de participación da militancia.

Para o Congreso pola Coruña a primeira opción a propor por parte de Anova para En Marea será a de Gladys Afonso, que acadou un 73,33% do voto nesa circunscrición, seguida por Eduardo García Santiago (11,58%), Jorge Caeiro (11,23%) e Gelasio Varela (3,86%).

No referente ao Senado pola Coruña a máis votada foi Iria Otero (78,34%), seguida por Mónica Montero (21,66%).

En Ourense, para o Congreso, a proposta de Anova será a de Víctor Manuel Gil, que obtivo todo o voto ao non concorrer ninguén máis por esa circunscrición.

No Senado por Ourense a máis votada foi Pilar Barros (56,42%), seguida de David Fdez. Calviño (43,58%).

Por último, no referente ao Congreso por Pontevedra a primeira persoa a propor por Anova, que como é sabido encabezaría a lista de En Marea por esa circunscrición, será novamente Alexandra Fernández, que acadou o 91,72% dos votos, seguida por David Carballal (8,28%).

Consulta sobre as eleccións ás Cortes e a fórmula xurídica

Ata o venres 20 de maio ás 18:00h, a militancia de Anova comezará unha nova consulta interna sobre as eleccións ás Cortes. Formularanse dúas preguntas á militancia:

1. Que fórmula xurídica consideras que sería a máis acaída para garantir os obxectivos políticos de En Marea de cara ao 26X?
a) Coalición
b) Partido instrumental

2. Pensas que Anova debe participar nos comicios ás Cortes Españolas en En Marea independentemente da fórmula xurídica expresada por nós, salvagardando o espazo de unidade popular?
a) Si
b) Non

Gabinete de Comunicación de Anova, 2016-05-19

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES