Notas de prensa

Puy contrapón a imaxe de unidade do PPdeG no seu congreso coas trifulcas internas doutras formacións

O portavoz do Grupo Popular afirmou que o PPdeG “está traballando para ofertar un programa e un goberno estables para o futuro de Galicia encabezado por Feijóo. Respecto do novo secretario xeral, Miguel Tellado, indicou que “se trata dunha persoa coa que estamos encantados de traballar” e amosouse seguro de que “vai ser capaz de cumprir coas funcións que se lle encomendaron”.

O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, contrapuxo a “imaxe de unidade, acordo e compromiso” amosada polo Partido Popular de Galicia no Congreso celebrado esta fin de semana en Ourense coas “disputas e trifulcas internas existentes noutras formacións políticas de ámbito galego que van competir con nós por ser os partidos maioritarios”. “O PPdeG está traballando para ofertar un programa e un goberno estables para o futuro de Galicia, cunha ampla coincidencia en que este proxecto ten que seguir adiante e estar encabezado por Feijóo”, apuntou.

Pedro Puy amosou a “satisfacción” do Grupo Parlamentario Popular polo desenvolvemento do Congreso Rexional do PPdeG, “no que persoas deste grupo tiveron participación directa tanto na elaboración das comunicacións como polo feito de que un compañeiro do Grupo asuma a responsabilidade da Secretaría Xeral do PPdeG”.

Respecto da elección de Miguel Tellado como novo secretario xeral do PPdeG, Puy afirmou que se trata dunha “persoa coa que estamos encantados de traballar” e sinalou que “todo o grupo parlamentario se puxo á súa disposición e seguros de que vai ser capaz de cumprir coas funcións que se lle encomendaron”.

UNIDADE E ESTABILIDADE

O portavoz popular salientou a renovación levada a cabo na Xunta Directiva do PPdeG, que afecta a case a metade dos membros, cunha maior presenza de mozas e mozos, e máis mulleres. En concreto, referiuse ás catro vicesecretarías xerais, “das que que tres son mulleres, e que tratarán de preparar ao partido para os importantes retos que teremos a partir das vindeiras semanas con dous procesos electorais”.

“O Congreso demostrou que o PPdeG, con independencia de intereses, de procedencias xeográficas e de posibles ambicións que cada un poida ter na carreira política, é un partido que está funcionando de xeito unido e que está traballando para ofertar estabilidade e un programa e un goberno estables para o futuro de Galicia”, afirmou Puy. Neste sentido, amosouse convencido de que “a sociedade saberá apreciar esta situación, en contraste co que está a ocorrer con outras forzas políticas”.

O portavoz popular engadiu que “no PPdeG hai un consenso amplísimo de que o Presidente Feijóo está a facer ben as cousas e está a desenvolver unha boa labor de Goberno na peor etapa da autonomía pola magnitude dos problemas aos que nos tivemos que enfrontar”.

Así mesmo, afirmou que o Congreso demostrou “a unidade e a forza dun partido que sabe cales son os seus principios, a súa función de defender os intereses dos galegos e mellorar a economía para restablecer a igualdade e o benestar social”. Ademais, apuntou que o PPdeG constitúe “un conxunto de persoas que pensamos que o Estado autonómico e a estabilidade institucional e política son un ben polo que hai que traballar duro para mantelo despois das eleccións autonómicas”.

Pedro Puy fixo referencia á importante repercusión que o Congreso do PPdeG tivo nas redes sociais, destacando o labor dos máis de cen voluntarios que traballaron para que esta celebración estivera sete horas no top 20 nacional e tres horas no top 10, ao tempo que se realizaran máis de 700 tweets durante a intervención do domingo do Presidente Feijóo.

Gabinete de Comunicación do PPdeG, 2016-05-09

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES