Notas de prensa

A Fundación Deporte Galego convoca as axudas Galicia-Río para os Xogos Olímpicos

A actuación enmárcase no habitual plan de axudas á preparación dos deportistas galegos de alto nivel e, nesta primeira fase, terá como beneficiarios/as aos/ás deportistas galegos/as que acaden a clasificación para os Xogos Olímpicos/Paralímpicos de Río 2016.

A Fundación Deporte Galego vén de convocar, a través do Diario Oficial de Galicia, a primeira fase das axudas a deportistas galegos/as de alto nivel, baixo a denominación de Axudas Galicia – Río 2016.

Como en exercicios anteriores, a Fundación Deporte Galego está a desenvolver un plan de axudas aos deportistas galegos/as que están a competir no máis alto nivel deportivo de ámbito estatal, europeo e mundial, cunha liña específica para aqueles/as deportistas que acadaron a súa clasificación para os XXOO/XXPP de Río 2016, que se celebrarán neste exercicio.

Inclúese, tamén, a liña de axudas a deportistas galegos/as de alto nivel (DGAN) que vén concedendo a Fundación no seu obxecto de promoción do deporte de alto nivel da Comunidade Autónoma, orientada ao resto de deportistas recoñecidos pola Secretaría Xeral para o Deporte como deportistas galegos/as de alto nivel na última listaxe publicada, que non reúnan os requisitos para ser beneficiarios/as da primeira fase anteriormente citada e acrediten oficialmente estar a competir no alto nivel deportivo estatal e internacional, liña esta última que se convocará ao longo deste exercicio 2016.

Nesta primeira fase, establécense tres tipos de “Axudas Galicia-Río 2016”: a Axuda Galicia-Río 1 dotada con 12.000 euros, a Axuda Galicia-Río 2, dotada con 9.000 euros e a Axuda Galicia-Río 3 dotada con 6.000 euros.

Segundo as bases dispoñibles na sede da Fundación Deporte Galego e na web deporte.xunta.gal, o prazo de presentación das solicitudes desta primeira fase, comezará a contar dende o seguinte día da publicación do anuncio destas bases no Diario Oficial de Galicia, e permanecerá aberto permanentemente ata a data en que rematen os XXOO/XXPP de Río 2016.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2016-04-12

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES