
O líder dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que se comeza a deseñar o partido do ano 2020. Así se expresaba o dirixente na presentación formal da súa candidatura para optar á presidencia do PPdeG, que tivo lugar esta tarde coa entrega das firmas requiridas ao presidente da Comisión Organizadora do XVI Congreso autonómico, Miguel Tellado.
O presidente manifestou que quere que a súa candidatura sexa útil ao partido e á Galicia destes tempos xa que, segundo dixo, hai que volver empezar dende o principio para presentar un proxecto útil, cun partido máis aberto, actitudes novas e con humildade.
E é que Feijóo lembrou que a Galicia do ano 2006 e a do 2012 non era a mesma de agora e, en consecuencia, toca facer unha proposta nova para un proxecto novo.
Así mesmo, salientou que o feito nos últimos anos foi útil para a nosa comunidade xa que hoxe a economía comeza a crecer, o paro empeza a diminuír, os servizos públicos son máis potentes e, neste 2016, produciuse unha baixada dos impostos.
Galicia ten máis futuro que hai sete anos aseveraba ao tempo que declaraba que, se a nosa comunidade é quen de manter o seu autogoberno, pode ser unha das mellores autonomías do país. Deste xeito, o mandatario destacou a importancia de conseguir unha maioría suficiente para gobernar e, por iso, pediu aos galegos unha confianza excepcional que permita ter un goberno cun proxecto estable para poder executarse.
O presidente subliñou tamén que o resto de partidos só deixan gobernar aos populares cando non teñen máis remedio que aceptar a incontestable decisión dos electores a través dunha maioría absoluta, admitindo que ese resultado sería algo excepcional posto que non se da en ningunha comunidade autónoma.
Consciente do importante de ter un partido forte, Feijóo tamén anunciou que o traballo de cara ao Congreso autonómico acaba de empezar e que, a partir de agora, manterá encontros con afiliados e simpatizantes nas distintas comarcas galegas, arrincando a súa campaña interna esta mesma tarde en Lugo.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.