
En Marea presentouse ás eleccións para que os problemas reais da xente entraran nas institucións, e que os gobernos se puxeran de verdade ao servizo da maioría. O noso labor foi responder a encomenda que nos fixo a cidadanía galega: alcanzar un goberno de cambio centrado nos problemas da xente. Parte do noso empeño é lograr ese goberno de cambio e que a cidadanía galega participe do mesmo en pé de igualdade.
En paralelo o noso labor é trasladar os problemas da xente ás Cortes e propoñer solucións viables aos mesmos. Facémolo desde o mundo real, coa xente que vive os problemas en carne propia, coas entidades que traballan en cada campo, coa xente que loita polos dereitos e a dignidade, e con toda a intelixencia que xa dispón a sociedade para atopar as mellores respostas.
A nosa presenza no Congreso e no Senado está ao servizo da cidadanía galega, agora queremos dar conta do que estamos a facer e que nos digas que che parece, que facemos mal, como podemos mellorar, que novas propostas che gustaría incluír.
Falamos? Cóntanos, propón, pregunta, participa
En Marea faise en común.
#RutaEnMarea
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.