
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román RodrÃguez, gabou a Ramón MarÃa Aller Ulloa como “precursor do uso do galego no eido cientÃfico” durante a presentación da obra ‘AstronomÃa a ollo ceibeÂ’, editado agora en lingua galega con motivo do 50 aniversario do pasamento do cientÃfico lalinense.
O titular do departamento de Cultura e Educación da Xunta de Galicia lembrou que o astrónomo galego foi o creador do primeiro Observatorio astronómico de España na súa casa natal de LalÃn. Tamén rememorou que a publicación ‘AstronomÃa a ollo ceibeÂ’ xa fora anunciada pola prensa da época en 1936 como unha guÃa de divulgación astronómica en galego, pero o certo é que o orixinal nunha foi localizado.
Deste xeito, a obra presentada está baseada no volume en castelán ‘AstronomÃa a simple vistaÂ’, publicado en 1948. Coordinada polo profesor e director do Observatorio da USC, José Angel Docobo, e co apoio da SecretarÃa Xeral de PolÃtica LingüÃstica da ConsellerÃa, asà como da Editorial da USC, ‘AstronomÃa a ollo ceibeÂ’ ve a luz “como orixinalmente foi concibida por esta figura senlleira”, subliñou Román RodrÃguez.
Figura clave na ciencia galega
O conselleiro lembrou a fonda pegada do cientÃfico dezao na divulgación cientÃfica de principios do século XX na lingua propia. Ramón Mª Aller ingresou no Seminario de Estudos Galegos en 1928, onde traballou a prol da introdución das ciencias no seno desta organización.
Asà mesmo, e ao abeiro das reunións celebradas no Observatorio astronómico de LalÃn, preparouse a redacción dunha extensa biografÃa do Matemático RodrÃguez en 1929 e elaboráronse diversos ensaios escritos para a revista ‘LogosÂ’, escrita en galego.
Conmemoración no pobo natal
Ademais de participar na presentación desta edición, Román RodrÃguez tamén asistirá ao acto conmemorativo que se celebrará ás 20:00 horas no Museo Municipal de LalÃn, que leva o propio nome do cientÃfico.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.