
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, eloxiou a obra literaria de Xosé Neira Vilas e afirmou que grazas a el sabemos como éramos, e canto lle debemos aos que fixeron posible o que somos.
Durante o acto de homenaxe ao escritor galego, Feijóo subliñou que este inmortaliza unha Galicia empobrecida na que, malia todo, poden medrar a beleza e a tenrura. E, nesta liña lembrou que o pai de Balbino soubo transmitirlle unha humildade que o fai grandioso, unha modestia que o eleva e unha sinxeleza que sigue atraendo homes e mulleres que habitan mundos complexos.
O titular da Xunta resaltou que Neira Vilas presta as letras e dona as palabras a un cativo de aldea para que poida expresarse. Balbino sente, e Neira Vilas transcribe os seus sentimentos. O escritor non se interpón na liberdade do neno, senón que a facilita para lograr que nunca xamais se esquezan a súas vivencias, dixo, recordando que o milagre creativo prodúcese nun café bonaerense chamado
Sobre este aspecto, Feijóo resaltou que Neira Vilas expresaría esa loita constante por incorporarse á terra de acollida, sen esquecer a propia, dicindo que .
É o de Neira Vilas, un cosmopolitismo con raíces, non desarraigado, con referencias, con faros que orientan nos momentos de desacougo, abundou, subliñando que é nesa emigración, na que o escritor vive e coñece, onde nacerá unha Galicia
Feijóo concluíu subliñando que na Feira do Libro de Bos Aires, onde Compostela será a cidade invitada de honor, don Xosé poderá reencontrarse coa súa outra orixe, e aseverou que a semente da Galicia na que os
Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.