
Trátase dunha actividade proposta polo proxecto campUSCulturae en colaboración coa Área de Italiano da Facultade de Filoloxía que se desenvolverá no Seminario de Estudos Galegos Padre Sarmiento (Rúa de San Roque).
Ao longo dos días 16, 17 e 18 de marzo están programadas intervencións de investigadores e investigadoras españois e italianos sobre como a literatura e estudos diversos teñen reflectido o concepto das viaxes ou as peregrinacións en distintos momentos das tradicións culturais dos dous países.
O simposio inaugúrase este martes 16 ás 10.00 horas nun acto no que participan o vicerreitor de Comunicación e Organización da USC, Xosé Pereira Fariña; o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García; o coordinador científico do Centro Ramón Piñeiro, Manuel González; e coordinador do proxecto campUSCulturae, o profesor da USC Xosé A. Neira Cruz. A continuación, a catadrática de Filoloxía Italiana da USC Isabel González pronunciará a conferencia de apertura Dous xeitos de viaxar a Compostela: Cosimo dei Medici, un príncipe piadoso, e Nicola Albani, un peregrino devoto.
O proxecto Xenoma Galicia, que conta cun investimento de 20 millóns de euros, ten por obxecto recompilar o ADN de 400.000 galegos para identificar os xenes relacionados co cancro de mama e ovario hereditario, a síndrome de Lynch e a hipercolesterolemia familiar. Ata o de agora, foron analizadas 3.112 mostras biolóxicas. En concreto, 1.037 mostras de sangue na primeira pilotaxe do proxecto, 796 de saliva no segundo piloto e, coa primeira fase do proxecto en marcha, 1.279 mostras dos voluntarios dos primeiros distritos participantes. A análise das mostras destes 1.279 participantes da fase 1 permitiu detectar 25 novos casos positivos. En concreto, 14 participantes deron positivo en cancro de mama e ovario hereditario, dous na síndrome de Lynch e nove en hipercolesterolemia familiar.
A Pedreira e Fillas de Cassandra estarán presentes no Womex 2026, o máis importante encontro mundial das músicas folk e de raíz que se celebra ata este domingo en Las Palmas de Gran Canaria. Trátase dunha iniciativa que ofrece aos artistas e ás empresas galegas un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante programadores, festivais, axencias de contratación e outros profesionais de diferentes países. A artista foi escollida por un xurado internacional independente para formar parte dos Official Showcases, a selección oficial de concertos coa que Womex achega aos profesionais propostas das músicas do mundo.