
Volven os Paseos pola Coruña Literaria, os percorridos nos que as e os asistentes coñecen a cidade da man das e dos propios autores que escribiron obras ambientadas na mesma. Nesta cuarta edición, e por vez primeira desde a súa creación, catro escritoras e escritores participarán nos demandados encontros gratuÃtos, que se celebrarán durante distintas mañás de sábado do mes de abril, maio e xuño. A iniciativa, promovida polo Servizo de Normalización LingüÃstica e que conta co apoio da Asociación de Escritores en Lingua Galega, ofrecerá 55 prazas para cada unha das sesións.
Desta volta, o coruñés Manuel Rivas, que repite como guÃa polo éxito da anterior ocasión, ofrecerá un roteiro cultural o sábado 2 de abril pola cidade. O seguinte encontro, que terá un carácter especial por coincidir coa celebración do DÃa do Libro (23 de abril), contará coa presenza da tamén coruñesa EstÃbaliz Espinosa. No mes de maio, a poeta Yolanda Castaño será a autora convidada. A directora do ciclo Poetas Di(n)versos, que participa por vez primeira nesta actividade, ao igual que Espinosa, levará as rendas do Paseo o dÃa 14, unha data moi próxima á celebración das Letras Galegas. Por último, o vigués Pedro Feijoo, que tamén asistiu con anterioridade á iniciativa, pechará esta primeira quenda de 2016 de percorridos literarios o vindeiro 11 de xuño.
Os Paseos, abertos para maiores de 16 anos, mudarán este ano o proceso de inscrición para participar, xa que cadaquén terá que facerlo de xeito independente para cada unha das sesións dúas semanas antes, aproximadamente, da celebración do percorrido. AsÃ, para asistir ao primeiro roteiro literario, que será con Rivas a primeira fin de semana de abril, as persoas interesadas deberán solicitar a súa praza a partir das 9.00 horas do luns 17 de marzo. O mesmo sucederá cos Paseos con Espinosa (abrirase a inscrición o dÃa 11 de abril), Castaño (2 de maio) e Feijoo (30 de maio). Como vén sendo habitual, a inscrición poderá facerse, de forma gratuÃta, na conserxerÃa do Centro Ãgora ou a través do teléfono 981 189 888.
Todos os paseos terán unha duración dunha hora e media e comezarán ás 12.30 horas da mañá, agás o de EstÃbaliz Espinosa, que comezará ás 11.00 horas do 23 de abril. O punto de partida de cada roteiro será nun lugar que o Servizo de Normalización LingüÃstica notificará ás persoas inscritas con anterioridade.
A edición 2026 artéllase arredor dun formato expandido, con varias datas e localizacións ao longo da provincia, convertendo cada encontro nunha peza dun ecosistema cultural máis amplo. O 6 de xuño, en Expourense será a cita inaugural co rock lendario de Loquillo, o magnetismo vintage de Kitty, Daisy & Lewis e o fenómeno galego do momento, The Rapants. O 31 de xullo, na Praza da Veracruz do Carballiño a banda Burning, ofrecerá un concerto gratuÃto; e o 4 de outubro, no Pazo de Deportes Paco Paz, o festival culminará o regreso de Luz Casal a Ourense. Loquillo, icona indiscutible do rock estatal con case cinco décadas de traxectoria, chega en plena xira do seu último traballo Corazones Legendarios, cun directo que revisita os grandes éxitos dunha carreira tan influente como extensa.
Galicia pechou o primeiro trimestre deste ano con máis poboación empregada que hai un ano. Neste sentido, os datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) publicados hoxe e relativos ao primeiro trimestre deste ano reflicten unha suba de 28.000 persoas ocupadas en relación ao ano pasado, lixeiramente superior á do conxunto do Estado e acadando, con 1.178.100, a cifra máis alta nun primeiro trimestre desde 2008. Ademais, a comunidade rexistra a maior taxa de emprego (49,30) nun primeiro trimestre en 18 anos e unha taxa de paro menor (8,96) que no conxunto de España (10,83). Ademais, as taxas galegas de paro feminino (9,51) e xuvenil (24,30) tamén son máis baixas que no conxunto do Estado.