
Xosé Constenla actúa o sábado 12 de marzo, ás 21.00 horas, no Salón Teatro de Santiago para presentar en directo os temas de Virada por avante, o seu novo disco. O cantautor compostelán regresa así ao mesmo escenario que en 2013 acollera a gravación en directo de Sinecismo, o seu anterior traballo, que tamén presentou diante do público na sede do Centro Dramático Galego.
No concerto deste sábado, Xosé Consenla acompañarase dunha banda de cinco músicos integrada por Fredi Marugán, quen é ademais o produtor e arranxista do novo álbum, ás guitarras; Javier Constenla, ao piano; Pablo Sanmamed, ao baixo; e Andrés Rivas, á batería.
Folk americano e canción de autor
Este quinto álbum do cantautor compostelán preséntase como o seu traballo máis maduro, persoal e sofisticado, no que se atopan claras influencias do folk-rock americano, desde James Taylor a Ray Lamontage, ao tempo que mantén o seu vínculo coa corrente iberoamericana de canción de autor como unha das dúas principais sinais de identidade.
Para a gravación de Virada por avante, editado por Setestrelo Editora, Constenla contou coa produción de Fredi Marugán e a masterización de Óscar Herrador, realizada nos Staterooms Studios de Madrid. Ambos profesionais contan cunha destacada traxectoria tanto dentro do panorama estatal como internacional, durante a que teñen traballado con artistas como Ismael Serrano, Miguel Ríos, Joan Manuel Serrat, Enrique Iglesias, Compay Segundo, Antonio Vega ou Pedro Guerra, entre outros.
A luz entre o desorde é o título do primeiro sinxelo do álbum e unha das súas composicións máis intimistas. O seu videoclip pode verse na canle de YouTube do artista, onde leva rexistradas xa máis de 3.100 visitas.
Venda de entradas
A venda anticipada de billetes para o concerto deste sábado en Compostela está xa dispoñible a través de entradas.abanca.com. As entradas tamén poderán adquirirse na billeteira do Salón Teatro, que abrirá ao público o día da actuación desde as 19.00 horas. O seu prezo é de 10 euros, con descontos para maiores de 65 anos, xubilados, persoas en situación de desemprego, estudantes, titulares do carné xove e determinados colectivos profesionais.
Ademais, os asistentes están convidados á festa posterior ao concerto que terá lugar no pub Albaroque de Santiago, previa confirmación a través do correo electrónico [email protected].
O proxecto Xenoma Galicia, que conta cun investimento de 20 millóns de euros, ten por obxecto recompilar o ADN de 400.000 galegos para identificar os xenes relacionados co cancro de mama e ovario hereditario, a síndrome de Lynch e a hipercolesterolemia familiar. Ata o de agora, foron analizadas 3.112 mostras biolóxicas. En concreto, 1.037 mostras de sangue na primeira pilotaxe do proxecto, 796 de saliva no segundo piloto e, coa primeira fase do proxecto en marcha, 1.279 mostras dos voluntarios dos primeiros distritos participantes. A análise das mostras destes 1.279 participantes da fase 1 permitiu detectar 25 novos casos positivos. En concreto, 14 participantes deron positivo en cancro de mama e ovario hereditario, dous na síndrome de Lynch e nove en hipercolesterolemia familiar.
A Pedreira e Fillas de Cassandra estarán presentes no Womex 2026, o máis importante encontro mundial das músicas folk e de raíz que se celebra ata este domingo en Las Palmas de Gran Canaria. Trátase dunha iniciativa que ofrece aos artistas e ás empresas galegas un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante programadores, festivais, axencias de contratación e outros profesionais de diferentes países. A artista foi escollida por un xurado internacional independente para formar parte dos Official Showcases, a selección oficial de concertos coa que Womex achega aos profesionais propostas das músicas do mundo.