
O xoves, día 10 de marzo, ás 20,00 h., na Galería Sargadelos de Lugo, vai ser presentado o libro ROMUALDITO Y SUS CONFESIONES ORÓTICAS, do avogado vilalbés afincado en Madrid, Domingo Goás Chao.
Goás Chao, Presidente da Cofradía do Capón de Villalba, ten publicados os libros UNA AVENTURA EUROPEA e POR QUÉ NUNCA FUÍ DE IZQUIERDAS. O primeiro dos libros indicados -UNA AVENTURA EUROPEA- relata a súa intervención como letrado no Tribunal de Estrasburgo de Dereitos Humanos, antes da entrada de España na U.E., tendo sido o primeiro avogado español en intervir diante do Tribunal internacional. Presenta agora unha novela, o seu terceiro libro, en acto no que intervirán o xornalista Xulio Xiz e o autor. Este libro será presentado en Vilalba, no Parador Nacional de Turismo, o próximo venres, día 11.
O proxecto Xenoma Galicia, que conta cun investimento de 20 millóns de euros, ten por obxecto recompilar o ADN de 400.000 galegos para identificar os xenes relacionados co cancro de mama e ovario hereditario, a síndrome de Lynch e a hipercolesterolemia familiar. Ata o de agora, foron analizadas 3.112 mostras biolóxicas. En concreto, 1.037 mostras de sangue na primeira pilotaxe do proxecto, 796 de saliva no segundo piloto e, coa primeira fase do proxecto en marcha, 1.279 mostras dos voluntarios dos primeiros distritos participantes. A análise das mostras destes 1.279 participantes da fase 1 permitiu detectar 25 novos casos positivos. En concreto, 14 participantes deron positivo en cancro de mama e ovario hereditario, dous na síndrome de Lynch e nove en hipercolesterolemia familiar.
A Pedreira e Fillas de Cassandra estarán presentes no Womex 2026, o máis importante encontro mundial das músicas folk e de raíz que se celebra ata este domingo en Las Palmas de Gran Canaria. Trátase dunha iniciativa que ofrece aos artistas e ás empresas galegas un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante programadores, festivais, axencias de contratación e outros profesionais de diferentes países. A artista foi escollida por un xurado internacional independente para formar parte dos Official Showcases, a selección oficial de concertos coa que Womex achega aos profesionais propostas das músicas do mundo.