
"Por moi finos que sexan, detrás de tódolos fíos que nos rodean hai historias. As mulleres galegas que traballaron no sector téxtil dende os 60 foron a man de obra perfecta e cautiva para erguer unha industria xigante que agora se atopa deslocalizada. Este documental fai un novelo do sector téxtil aquí e fóra, antes e agora. A historia repítese nos fíos doutros lugares, nos nós deste sistema".
As mulleres galegas que traballaron no sector téxtil dende os 60 foron a man de obra perfecta e cautiva para erguer unha industria xigante que agora se atopa deslocalizada. Fíos Fóra é un documental que fai un novelo do sector téxtil aquí e fóra, antes e agora e que o mércores 9 de marzo a partir das 12.00 horas se proxectará na Aula 7 da Facultade de Ciencias Económicas.
Esta é unha proxección que organiza o Departamento de Historia e Institución Económicas da USC e que contará coa presenza do profesor Xoán Carmona Badía para participar no debate académico posterior á proxección entre o alumnado participante.
Curtametraxes de dous minutos de duración máxima nas que se explique en galego un concepto matemático. Ese é o reto do concurso Explícoche Matemáticas 2.0, que chegou xa á súa quinta edición dirixido ao alumnado universitario e de últimos cursos de ESO e bacharelato de toda Galicia. Os proxectos deberán remitirse ata o 22 de abril de 2016.
O certame organízao a Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Matemáticas en colaboración coa Fundación Barrié e o Servizo de Normalización Lingüística da USC co obxecto de promover a utilización do galego como medio de transmisión das Matemáticas.
Máis información: http://fiosfora.gal/Documental
Máis finroamción: http://www.usc.es/gl/centros/matematicas/CNL/explicoche_matematicas_2_0_2016/bases2016.html
O proxecto Xenoma Galicia, que conta cun investimento de 20 millóns de euros, ten por obxecto recompilar o ADN de 400.000 galegos para identificar os xenes relacionados co cancro de mama e ovario hereditario, a síndrome de Lynch e a hipercolesterolemia familiar. Ata o de agora, foron analizadas 3.112 mostras biolóxicas. En concreto, 1.037 mostras de sangue na primeira pilotaxe do proxecto, 796 de saliva no segundo piloto e, coa primeira fase do proxecto en marcha, 1.279 mostras dos voluntarios dos primeiros distritos participantes. A análise das mostras destes 1.279 participantes da fase 1 permitiu detectar 25 novos casos positivos. En concreto, 14 participantes deron positivo en cancro de mama e ovario hereditario, dous na síndrome de Lynch e nove en hipercolesterolemia familiar.
A Pedreira e Fillas de Cassandra estarán presentes no Womex 2026, o máis importante encontro mundial das músicas folk e de raíz que se celebra ata este domingo en Las Palmas de Gran Canaria. Trátase dunha iniciativa que ofrece aos artistas e ás empresas galegas un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante programadores, festivais, axencias de contratación e outros profesionais de diferentes países. A artista foi escollida por un xurado internacional independente para formar parte dos Official Showcases, a selección oficial de concertos coa que Womex achega aos profesionais propostas das músicas do mundo.