Notas de prensa

A TIC colabora na difusión do IX Desafío Volta a Lugo do 20 ao 22 de maio

O patrón da Fundación TIC, Álvaro Santos, presentou un vídeo promocional da primeira volta cicloturista por etapas de Galicia con chegadas e saídas en Lugo, Muras e Sarria. A Volta está dividida en 3 etapas que suman uns 400 km. de distancia 7.000 metros de desnivel positivos.

A Fundación TIC súmase un ano máis ao Desafío Volta a Lugo, que na súa novena edición se celebrará os días 20, 21 e 22 de maio. Durante a presentación da proba, proxectouse un vídeo promocional elaborado pola TIC no que se detallan as tres etapas, con saídas e chegadas en Lugo, Muras e Sarria. Ademais elaborará reportaxes e vídeos da Volta para a súa difusión nos medios e nas redes sociais.

O patrón da TIC, Álvaro Santos, dixo que “apoiamos un ano máis este evento cicloturista, o primeiro por etapas de Galicia e un dos poucos deste tipo se organizan en toda a península, que cada edición trae á nosa provincia ciclistas nacionais e internacionais que queren vivir a experiencia dunha volta ciclista por etapas coma os deportistas profesionais, con todos medios técnicos e loxísticos característicos destas probas”.

“Pero o Desafío vai moito máis alá da parte puramente deportiva, xa que propón uns percorridos por fermosas e variadas paisaxes das comarcas de Lugo, desde portos de montaña de gran categoría a tramos pola Terra Chá, que contribúen a dar a coñecer o moito e bo que ofrece a nosa provincia”, apuntou o representante da TIC.

Ademais de Álvaro Santos, na presentación participaron o Vicepresidente Primeiro da Deputación, Antonio Veiga, o Alcalde de Muras, Manuel Requeijo, os Concelleiros de Deportes de Lugo e Sarria, Miguel Fernández e Efrén Castro, o presidente do comité organizador da IX Volta ás Comarcas, José María Seijas e o director da proba Santiago Seijas.

400 quilómetros en 3 etapas

Desafío Volta Lugo é unha proba de carácter individual, de resistencia e de bicicleta de estrada para ciclistas maiores de 18 anos de ambos sexos. Está dividido en 3 etapas que transcorrerán polas Comarcas de Lugo, que suman uns 400 quilómetros de distancia e uns 7.000 metros de desnivel positivos.

A primeira etapa, con saída da praza Maior de Lugo e chegada praza do Concello de Muras, inclúe tres altos de montaña: Coubueira, Vilacampa e Gañidoira; a segunda, comeza en Muras e remata na rúa Castelao de Sarria; e a terceira, terá saída en Sarria e chegada no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo con 5 altos de montaña: Vilaesteva, Restelo, Lago, Campo de Arbre e Vega.

Colaboración da TIC

A colaboración da TIC é froito do convenio asinado co Club Ciclista Cidade de Lugo, para promover o seu labor de fomento o deporte. Na actualidade son máis de 150 as organizacións que manteñen acordos de colaboración coa TIC, para difundir as súas actividades e facilitar aos alumnos e bolseiros da Escola de Imaxe e Son prácticas profesionais en escenarios reais.

Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Lugo, 2016-03-07

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES