
A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Humanidades convoca o "I Concurso de microrrelatos a través de Facebook", dirixido ao alumnado da USC.
Un xurado decidirá o primeiro premio, de 200 EUROS. Tamén haberá un premio do público, de 100 EUROS para aquel microrrelato que máis gústame consiga ata as 14 horas do día 8 de abril. COMPARTEO!
► Os microrrelatos, en lingua galega, terán como tema o feito de contar e unha extensión máxima de 100 palabras.
► Para participar cómpre pegar no muro de Facebook da Facultade de Humanidades un microrrelato en lingua galega entre o 1 de marzo e o 1 de abril de 2016, ambos os días incluídos, xunto co cancelo #MicrorrelatosHumanidades2016.
► Poderá concorrer a este concurso calquera membro do alumnado da USC durante o curso 2015-2016, que sexa seareiro do Facebook da Facultade de Humanidades mediante a opción Gústame.
Os obxectivos con que convoca este premio son:
● Promover o uso do galego como vehículo para a creatividade dos estudantes da USC, co apoio das novas tecnoloxías.
● Fomentar os dotes literarios do alumnado da USC.
Este concurso conta co apoio técnico do Servizo de Normalización Lingüística.
Podes acudir á páxina do SNL para máis información:
http://www.usc.es/snl/dinamizacion/microrrelatos.html
e se queres ver as bases completas do concurso en PDF visita a seguinte ligazón:
http://www.usc.es/
/din
/descargas/microrrelatosfb_bases.pdf
O proxecto Xenoma Galicia, que conta cun investimento de 20 millóns de euros, ten por obxecto recompilar o ADN de 400.000 galegos para identificar os xenes relacionados co cancro de mama e ovario hereditario, a síndrome de Lynch e a hipercolesterolemia familiar. Ata o de agora, foron analizadas 3.112 mostras biolóxicas. En concreto, 1.037 mostras de sangue na primeira pilotaxe do proxecto, 796 de saliva no segundo piloto e, coa primeira fase do proxecto en marcha, 1.279 mostras dos voluntarios dos primeiros distritos participantes. A análise das mostras destes 1.279 participantes da fase 1 permitiu detectar 25 novos casos positivos. En concreto, 14 participantes deron positivo en cancro de mama e ovario hereditario, dous na síndrome de Lynch e nove en hipercolesterolemia familiar.
A Pedreira e Fillas de Cassandra estarán presentes no Womex 2026, o máis importante encontro mundial das músicas folk e de raíz que se celebra ata este domingo en Las Palmas de Gran Canaria. Trátase dunha iniciativa que ofrece aos artistas e ás empresas galegas un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante programadores, festivais, axencias de contratación e outros profesionais de diferentes países. A artista foi escollida por un xurado internacional independente para formar parte dos Official Showcases, a selección oficial de concertos coa que Womex achega aos profesionais propostas das músicas do mundo.