
En Galicia Digital tiñamos, desde hai ben tempo, a intención de crear a
Biblioteca Virtual Galega, para ofrecer aos nosos usuarios un elemento de consulta sobre diversos temas xerais ou referidos ao noso país, de difícil acceso por outro medio, xa porque estivesen agotadas as tiradas en libro ou
porque os orixinais non chegasen a ser editados físicamente.
Iniciamos agora este servizo de xeito modesto, tan só con 14 publicacións cedidas polos seus autores algún propio de Galicia Digital- como aportación inicial a un fondo que pretendemos non teña límites numéricos ou temporais. En calquera caso, dispoñemos de decenas de obras que serán publicadas paulatinamente nas próximas semanas.
Por iso invitamos a tódolos autores ou editores, con dereitos sobre calquera publicación, que nos faciliten os seus orixinais en versión dixital, preferentemente en PDF, xunto cunha autorización expresa para incluilos na Biblioteca Virtual Galega de Galicia Digital. No caso de non dispoñer de versión dixital, agradecemos o envío dun orixinal tal como foi editado, para a sua reproducción.
Igualmente invitamos aos autores e autoras de obras inéditas que queiran ser incluídos nesta Biblioteca Dixital, a que nos envíen os seus orixinais coa indicada autorización para difundilo dentro da nosa plataforma en Internet www.galiciadigital.com.
A esta BIBLIOTECA DIXITAL GALEGA pode accederse a través da páxina
principal de www.galiciadigital.com, onde van aparecendo de xeito aleatorio
todos os títulos incluidos ou que se vaian incorporando a esta publicación
electrónica dentro desta plataforma en Internet.
O proxecto Xenoma Galicia, que conta cun investimento de 20 millóns de euros, ten por obxecto recompilar o ADN de 400.000 galegos para identificar os xenes relacionados co cancro de mama e ovario hereditario, a síndrome de Lynch e a hipercolesterolemia familiar. Ata o de agora, foron analizadas 3.112 mostras biolóxicas. En concreto, 1.037 mostras de sangue na primeira pilotaxe do proxecto, 796 de saliva no segundo piloto e, coa primeira fase do proxecto en marcha, 1.279 mostras dos voluntarios dos primeiros distritos participantes. A análise das mostras destes 1.279 participantes da fase 1 permitiu detectar 25 novos casos positivos. En concreto, 14 participantes deron positivo en cancro de mama e ovario hereditario, dous na síndrome de Lynch e nove en hipercolesterolemia familiar.
A Pedreira e Fillas de Cassandra estarán presentes no Womex 2026, o máis importante encontro mundial das músicas folk e de raíz que se celebra ata este domingo en Las Palmas de Gran Canaria. Trátase dunha iniciativa que ofrece aos artistas e ás empresas galegas un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante programadores, festivais, axencias de contratación e outros profesionais de diferentes países. A artista foi escollida por un xurado internacional independente para formar parte dos Official Showcases, a selección oficial de concertos coa que Womex achega aos profesionais propostas das músicas do mundo.