Notas de prensa

Debátense no CCG os desafíos para a cultura galega no esceario interactivo da sociedade en rede

Galicia deu pasos para que a súa cultura forme parte da sociedade en rede, pero non por iso ten cumpridos todos os retos. Os novos tempos da segunda demandan respostas renovadas para conquistar o futuro no ecosistema dixital. Esta mirada foi o epicentro do debate entre expertos no Consello da Cultura.

O impacto de Internet nos procesos socioculturais nos últimos vinte anos sitúa a todas as culturas diante de novos desafíos para estar no mundo con voz propia. Unha sociedade enredada esixe de todos os actores que interveñen no mundo cultural estratexias multiplataformas e multidispositivos para que a cidadanía, agora con conectividade en todo momento e en case todos os lugares, dispoña de produtos culturais que respondan ás súas necesidades e ás súas demandas en calquera
momento das súas vidas.

Galicia deu pasos para que a súa cultura forme parte da sociedade en rede, pero non por iso ten cumpridos todos os retos. Os novos tempos da segunda década do terceiro milenio demandan respostas renovadas para conquistar o futuro no ecosistema dixital. Os actores socias teñen que entender ben as novas dinámicas de socialización que inciden nos usos e consumos de produtos culturais se queren que as súas iniciativas resulten sostibles e acaden os obxectivos propostos.

As tecnoloxías actuais non só aumentan a velocidade de transferencia de información e de manifestacións culturais senón que dotan a cidadanía de participación e intervención nos procesos de forma activa. Neste mundo que vivimos agora, onde o tempo e a distancia mudaron o seu papel referencial, as e os usuarios comunícanse, comparten información e realizan traballos colaborativos en tempo real. O emprego dos recursos dispoñibles convértese nunha necesidade de aproveitar todas as oportunidades para que as nosas manifestacións culturais interactúen e contribúan a xerar coñecemento.

O Consello da Cultura Galega, que segue e analiza de forma periódica o impacto que a tecnoloxía está tendo na cultura galega, organiza esta actividade como un paso máis na programación da súa xornada anual para reflexionar arredor da situación en que nos atopamos e que pasos podemos dar para conseguir que as iniciativas dos nosos actores culturais teñan maior incidencia social e consigan unha maior eficiencia.

Interviron na xornada:

JUAN ANTONIO GARCÍA GALINDO. Universidad de Málaga
Tempo, Espazo e Comunicación cultural na sociedade dixital

RAMÓN SALAVERRÍA. Universidad de Navarra
Medios e linguaxes para comunicarse eficazmente na internet das cousas

CARLOS ELÍAS. Universidad Carlos III de Madrid
Encontrar historias nas entrañas dos ficheiros dixitais. Oportunidades para comunicar cultura

ROSA FRANQUET. Universitat Autònoma de Barcelona
Aprendendo a situar a identidade propia no novo escenario cultural da sociedade glocal

MARIO TASCÓN. Experto en redes sociais e consultor
Creación de contidos, diversidade e identidade para estar no mundo con voz propia

Consello da Cultura Galega, 2016-02-24

Actualidad

Foto del resto de noticias (proxecto-xenoma-galicia.jpg) O proxecto Xenoma Galicia, que conta cun investimento de 20 millóns de euros, ten por obxecto recompilar o ADN de 400.000 galegos para identificar os xenes relacionados co cancro de mama e ovario hereditario, a síndrome de Lynch e a hipercolesterolemia familiar. Ata o de agora, foron analizadas 3.112 mostras biolóxicas. En concreto, 1.037 mostras de sangue na primeira pilotaxe do proxecto, 796 de saliva no segundo piloto e, coa primeira fase do proxecto en marcha, 1.279 mostras dos voluntarios dos primeiros distritos participantes. A análise das mostras destes 1.279 participantes da fase 1 permitiu detectar 25 novos casos positivos. En concreto, 14 participantes deron positivo en cancro de mama e ovario hereditario, dous na síndrome de Lynch e nove en hipercolesterolemia familiar.
Foto de la tercera plana (womex-2026.jpg) A Pedreira e Fillas de Cassandra estarán presentes no Womex 2026, o máis importante encontro mundial das músicas folk e de raíz que se celebra ata este domingo en Las Palmas de Gran Canaria. Trátase dunha iniciativa que ofrece aos artistas e ás empresas galegas un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante programadores, festivais, axencias de contratación e outros profesionais de diferentes países. A artista foi escollida por un xurado internacional independente para formar parte dos Official Showcases, a selección oficial de concertos coa que Womex achega aos profesionais propostas das músicas do mundo.

Notas

A Universidade de Vigo acollerá os días 4, 5 e 6 de novembro a 5th European School on Environmental Applications of Advanced Oxidation Processes (5thEPS-AOPs), un encontro científico internacional que reunirá expertos, persoal investigador, estudantes de doutoramento e representantes do sector empresarial para abordar os últimos avances en tecnoloxías de descontaminación ambiental e tratamento sostible da auga.
A UDC pon en marcha InPacto, unha iniciativa que busca achegar a investigación de excelencia á cidadanía e fortalecer a conexión entre universidade, empresa e sociedade. Este programa reúne por primeira vez nun proxecto común ao persoal investigador Ramón y Cajal (R&C) da UDC para desenvolver unha programación de actividades de divulgación, transferencia de coñecemento e participación social.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES