
Neste acto, despois do saúdo de benvida por parte dun representante de Aspnais, darase lectura ao manifesto do Día de Rosalía por parte de Isidro Novo e Antonio Reigosa, representantes da Asociación de Escritores en Lingua Galega, e usuarios de Aspnais farán lectura de poemas de Rosalía de Castro. Os asistentes ao acto poderán tamén sumarse ás lecturas de poemas. A parte musical correrá a cargo de Branca Villares e Pablo Pintor.
Coincidirá o inicio deste acto co remate dunha das visitas que Aspnais está organizando para que se coñeza mellor a súa actividade, recorrendo os diversos talleres que nas Arieiras e Rampa de Claudio López ten a entidade.
Os asistentes a esta visita poderán incorporarse de seguido a esta actividade que a Asociación de Escritores en Lingua Galega quixo celebrar en Aspnais con motivo de celebrarse este ano os primeiros cincuenta anos da Asociación de pais e titores de persoas con discapacidade intelectual de Lugo.
Invítase a esta celebración a todos os lucenses.
O proxecto Xenoma Galicia, que conta cun investimento de 20 millóns de euros, ten por obxecto recompilar o ADN de 400.000 galegos para identificar os xenes relacionados co cancro de mama e ovario hereditario, a síndrome de Lynch e a hipercolesterolemia familiar. Ata o de agora, foron analizadas 3.112 mostras biolóxicas. En concreto, 1.037 mostras de sangue na primeira pilotaxe do proxecto, 796 de saliva no segundo piloto e, coa primeira fase do proxecto en marcha, 1.279 mostras dos voluntarios dos primeiros distritos participantes. A análise das mostras destes 1.279 participantes da fase 1 permitiu detectar 25 novos casos positivos. En concreto, 14 participantes deron positivo en cancro de mama e ovario hereditario, dous na síndrome de Lynch e nove en hipercolesterolemia familiar.
A Pedreira e Fillas de Cassandra estarán presentes no Womex 2026, o máis importante encontro mundial das músicas folk e de raíz que se celebra ata este domingo en Las Palmas de Gran Canaria. Trátase dunha iniciativa que ofrece aos artistas e ás empresas galegas un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante programadores, festivais, axencias de contratación e outros profesionais de diferentes países. A artista foi escollida por un xurado internacional independente para formar parte dos Official Showcases, a selección oficial de concertos coa que Womex achega aos profesionais propostas das músicas do mundo.