
A Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC renderá homenaxe a Alejandro Pérez LugÃn coa colocación dunha placa conmemorativa do centenario da primeira edición da súa novela La casa de la Troya. O acto celebrarase o luns 22 ás 19.00 horas no Museo Casa da Troia.
A sesión estará encabezada pola presidenta da asociación universitaria, Benita Silva, e contará tamén coa presenza da vicerreitora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social, Dolores Ãlvarez; do secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; da xerenta do Consorcio de Santiago, Belén Hernández; do concelleiro de Educación de Santiago, Manuel Dios.
O FaCeLa Fest reúne este ano a 18 bandas, encabezadas polos ingleses Temples, os galegos Triángulo de Amor Bizarro, os asturianos Australian Blonde e as madrileñas Shego. Completan o cartel o novo proxecto lucense The Foolans, Bernal, Axolotes Mexicanos, Los Palms, PacÃfica, Ripship, Error 97, Sigilu, Filophóbicas, Toldos Verdes, Las Yhadys, Aeronave Adolescente, Fotocopia e Sapo Bufo. O escenario principal trasládase nesta edición á Sala Tebras pero haberá tamén concertos noutros espazos da cidade, como o Bar Facela, no barrio da TinerÃa.
Galicia aposta por ampliar as melloras no ensino tamén ás etapas de ESO, Bacharelato e Formación Profesional con novas propostas en materia de ratios, atención á diversidade e horario docente, dentro da vÃa de diálogo aberta entre Xunta e sindicatos. As propostas, que se elevarán aos órganos pertinentes coa previsión de comezar a aplicalas desde o novo curso que arranca en setembro, abordan melloras nas ratios de estudantes por aula na ESO e no Bacharelato, na atención que se presta ao alumnado que máis o precisa e na configuración do horario do profesorado e das súas funcións.