
A visita oficial tivo lugar onde estivo presente o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González; o director do Centro Cultural, Francisco González; xunto con outras autoridades da provincia, así como os patrocinadores de Caixabank e membros do COB.
Rosendo Fernández destacou durante a visita que é unha honra para a Deputación de Ourense ter aquí esta Copa para o goce de todos os ourensáns para que veñan a velo, e engadiu, o baloncesto é e será sempre grande en Ourense, grazas aos xogadores, á directiva e, sobre todo, á afección.
A Copa do Rei de Baloncesto está a visitar distintos lugares polo que o presidente do COB, Antonio Gavilanes, asegurou que con esta iniciativa dáse a coñecer un trofeo importante con calado nacional e internacional. Dende Caixabank, afirmaron que apoiaron a idea de traer a Copa a Ourense, unha cidade de baloncesto.
Todos aqueles afeccionados que queiran visitar o trofeo e fotografarse con el, poderán facelo ao longo do día de hoxe en horario ao público de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 21.00 horas. Este ano, a Copa do Rei de Baloncesto disputarase na cidade da Coruña, entre os días 18 e 21 de febreiro.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.