
Ás casas en ruínas que centran este proxecto, Eva Díez consegue devolverlles a vida que noutrora tiveron a través da luz, explicou durante a presentación Anxo Lorenzo, quen afirmou que nas fotografías da autora hai moito de poesía visual, de alegoría, de metáforas plásticas que nos achegan á temática do abandono, pero que á vez nos transmiten a forza das historias persoais que hai detrás de cada un destes espazos inhóspitos.
O xurado do premio captou e valorou esa emoción que se desprende da luz cálida e evocadora destras obras, que transitan por paisaxes de Galicia, pero tamén doutros lugares como Asturias, Cantabria, Menorca ou Barcelona, dixo.
Nacido ao abeiro do Outono Fotográfico, o Premio Galicia de Fotografía Contemporánea conta co apoio da Consellería de Cultura e Educación e da Deputación Provincial de Lugo. O obxectivo do certame é situar a Galicia no circuíto internacional da fotografía e promover nesta disciplina novas creacións na linguaxe visual contemporánea.
Cunha dotación económica de 12.000 euros, o premio tradúcese na produción dunha exposición e mais na edición dun libro, xunto coa itinerancia da mostra.
Edicións anteriores
Na primeira edición, en 2013, concorreron ao premio máis de 40 proxectos procedentes dun total de 10 países. A obra gañadora foi nese ano Posesións para un esquecimento, do lucense Daniel Díaz Trigo. Na convocatoria de 2014, o xurado do certame acordou outorgarlle o galardón ex aequo ás series Le cirque noir, de Berto Macei, e mais Rururbania Salnés, de Jose Romay.
O proxecto Xenoma Galicia, que conta cun investimento de 20 millóns de euros, ten por obxecto recompilar o ADN de 400.000 galegos para identificar os xenes relacionados co cancro de mama e ovario hereditario, a síndrome de Lynch e a hipercolesterolemia familiar. Ata o de agora, foron analizadas 3.112 mostras biolóxicas. En concreto, 1.037 mostras de sangue na primeira pilotaxe do proxecto, 796 de saliva no segundo piloto e, coa primeira fase do proxecto en marcha, 1.279 mostras dos voluntarios dos primeiros distritos participantes. A análise das mostras destes 1.279 participantes da fase 1 permitiu detectar 25 novos casos positivos. En concreto, 14 participantes deron positivo en cancro de mama e ovario hereditario, dous na síndrome de Lynch e nove en hipercolesterolemia familiar.
A Pedreira e Fillas de Cassandra estarán presentes no Womex 2026, o máis importante encontro mundial das músicas folk e de raíz que se celebra ata este domingo en Las Palmas de Gran Canaria. Trátase dunha iniciativa que ofrece aos artistas e ás empresas galegas un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante programadores, festivais, axencias de contratación e outros profesionais de diferentes países. A artista foi escollida por un xurado internacional independente para formar parte dos Official Showcases, a selección oficial de concertos coa que Womex achega aos profesionais propostas das músicas do mundo.