Notas de prensa

O escultor Xoán Vila inaugura en Madrid a mostra O bulebule dos soños

Xoán Vila, escultor lucense, inaugurou na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia a exposición de esculturas “O bulebule dos soños”, composta por catorce das súas esculturas en madeira de castiñeiro autóctono de Galicia, policromadas. Pode visitarse ata o 27 de febreiro.

O artista e a mostra foron presentadas polo delegado da Xunta de Galicia en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega López, quen apreciou que Vila “é un artista que crea un mundo insólito de personaxes e situacións, un mundo cheo de encanto pero que, á vez, impresiona”, que “colle a materia e transfórmaa, vólvea humana”, que “a madeira nas súas mans é poesía” e que Vila “copia a realidade pero matízaa e a chea de expresividade”. “Estamos ante unha obra de magnitude creativa, de altura, de inspiración”, mantivo.

Vila explicou a vinculación da súa obra coa natureza e con Galicia, “a terra que me vió nacer”, na que recupera madeira de castiñeiros centenarios para darlle nova vida, “dialogando coas vetas para que cobren un novo brío e así poder atrapar o espírito da árbore”. Destacou así mesmo a variedade de rostros que poden verse na exposición, transmitindo diversas emocións.

Unha expresividade da que mantivo que “convértese no centro neurálxico da mostra”, utilizando diversas texturas. “Quixen facer fincapé na vida cotiá dun día calquera para expresar o comportamento do ser humano: os seus estados de ánimo, as súas emocións, sensacións, pensamentos, valores humanos, miradas todo o máis profundo do noso ser que nos fai reflexionar sobre o pequenas pero grandes cousas que nos suceden no día a día”, explicou. “En fin, toda unha reflexión filosófica que nos leva mesmo á esencia do intrínseco da vida. Silencios vivos, feitos para reflexionar e vivir a realidade, pero tamén o soño”.

O tamén escultor e pintor lucense Joy Shui Lóng afirma no prólogo do catálogo da mostra que “Xoán Vila respecta a madeira, a súa forma e cor; a súa maxia. Modifícaa unicamente para animala, converténdoa en emisora de diversas mensaxes que utilizan un código natural bendito de inefabilidad e poder totémico” e que “a súa obra mostra sen fisuras pensamentos e querenzas que lle son propios: apego á sinxeleza, insubmisión a determinadas ditaduras da imaxe”. “Enfrontándose ao monstruoso, construíu unha comunidade ben avenida de especies de todo tipo dotadas dun dinamismo e vivacidad inusuais, tal se emerxesen dalgún magma en plena actividade volcánica”.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia en Madrid, 2016-02-04

Actualidad

Foto del resto de noticias (proxecto-xenoma-galicia.jpg) O proxecto Xenoma Galicia, que conta cun investimento de 20 millóns de euros, ten por obxecto recompilar o ADN de 400.000 galegos para identificar os xenes relacionados co cancro de mama e ovario hereditario, a síndrome de Lynch e a hipercolesterolemia familiar. Ata o de agora, foron analizadas 3.112 mostras biolóxicas. En concreto, 1.037 mostras de sangue na primeira pilotaxe do proxecto, 796 de saliva no segundo piloto e, coa primeira fase do proxecto en marcha, 1.279 mostras dos voluntarios dos primeiros distritos participantes. A análise das mostras destes 1.279 participantes da fase 1 permitiu detectar 25 novos casos positivos. En concreto, 14 participantes deron positivo en cancro de mama e ovario hereditario, dous na síndrome de Lynch e nove en hipercolesterolemia familiar.
Foto de la tercera plana (womex-2026.jpg) A Pedreira e Fillas de Cassandra estarán presentes no Womex 2026, o máis importante encontro mundial das músicas folk e de raíz que se celebra ata este domingo en Las Palmas de Gran Canaria. Trátase dunha iniciativa que ofrece aos artistas e ás empresas galegas un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante programadores, festivais, axencias de contratación e outros profesionais de diferentes países. A artista foi escollida por un xurado internacional independente para formar parte dos Official Showcases, a selección oficial de concertos coa que Womex achega aos profesionais propostas das músicas do mundo.

Notas

A Universidade de Vigo acollerá os días 4, 5 e 6 de novembro a 5th European School on Environmental Applications of Advanced Oxidation Processes (5thEPS-AOPs), un encontro científico internacional que reunirá expertos, persoal investigador, estudantes de doutoramento e representantes do sector empresarial para abordar os últimos avances en tecnoloxías de descontaminación ambiental e tratamento sostible da auga.
A UDC pon en marcha InPacto, unha iniciativa que busca achegar a investigación de excelencia á cidadanía e fortalecer a conexión entre universidade, empresa e sociedade. Este programa reúne por primeira vez nun proxecto común ao persoal investigador Ramón y Cajal (R&C) da UDC para desenvolver unha programación de actividades de divulgación, transferencia de coñecemento e participación social.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES