O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu no Pazo Provincial ao presidente da Coral de Ruada, Emilio Rodríguez Portabales, e aos membros da xunta directiva desta a agrupación José Manuel Vázquez, Fátima Malingre e Alfonso Rapela, para falar da colaboración que desde a institución provincial se lle presta a esta entidade senlleira da nosa cultura, que ten a súa sede no Teatro Principal de Ourense. O presidente do goberno provincial confirmoulle aos directivos da coral que en 2016 se seguirá mantendo o apoio económico de 10.000 euros anuais, igual que a achega de 2015.
Na reunión analizaron novos proxectos culturais e musicais que está a planificar a Coral de Ruada, entre os que figura o que se denominará Festival de Ruada da Ourensanía, que ten como obxectivo que a coral teña unha presenza activa no territorio da provincia de Ourense, sinaladamente en concellos que non están integrados dentro dos habituais circuítos culturais, para que os seus cidadáns poidan ter a oportunidade de gozar coa actuación de tan relevante agrupación coral.
Manuel Baltar afirma que esta iniciativa ten tamén a finalidade de que a Coral de Ruada actúe en municipios que non visitou nos seus case cen anos de existencia para que tamén se siga incrementando a nosa auto-identificación con Ourense. Na xuntanza, Baltar agradeceulles o labor que fai a Coral de Ruada de promoción da nosa identidade e animounos a continuar por ese camiño, destacando o carácter de embaixadora da nosa cultura que ten a Coral de Ruada, representando a Ourense e á Ourensanía aló por onde vai, dende aquel 5 de outubro de 1918 en que naceu este agrupación coral, institución fulcral na historia cultural e social da nosa provincia.
En 2013 a Coral de Ruada foi distinguida coa Medalla Castelao de Galicia en recoñecemento aos seus 95 anos de historia, pola súa implicación coa xente, a cultura e a terra, unha identificación co noso, no que a Coral de Ruada ocupa un lugar senlleiro, remarcou Manuel Baltar.
O proxecto Xenoma Galicia, que conta cun investimento de 20 millóns de euros, ten por obxecto recompilar o ADN de 400.000 galegos para identificar os xenes relacionados co cancro de mama e ovario hereditario, a síndrome de Lynch e a hipercolesterolemia familiar. Ata o de agora, foron analizadas 3.112 mostras biolóxicas. En concreto, 1.037 mostras de sangue na primeira pilotaxe do proxecto, 796 de saliva no segundo piloto e, coa primeira fase do proxecto en marcha, 1.279 mostras dos voluntarios dos primeiros distritos participantes. A análise das mostras destes 1.279 participantes da fase 1 permitiu detectar 25 novos casos positivos. En concreto, 14 participantes deron positivo en cancro de mama e ovario hereditario, dous na síndrome de Lynch e nove en hipercolesterolemia familiar.
A Pedreira e Fillas de Cassandra estarán presentes no Womex 2026, o máis importante encontro mundial das músicas folk e de raíz que se celebra ata este domingo en Las Palmas de Gran Canaria. Trátase dunha iniciativa que ofrece aos artistas e ás empresas galegas un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante programadores, festivais, axencias de contratación e outros profesionais de diferentes países. A artista foi escollida por un xurado internacional independente para formar parte dos Official Showcases, a selección oficial de concertos coa que Womex achega aos profesionais propostas das músicas do mundo.