
Se ben o cine e o teatro son os puntos de referencia para as súas actividades, de inmediato a programación verase ampliada á difusión e creación cultural e dirixida á recuperación, potenciación e defensa da cultura e a lingua galegas.
Con este motivo programamos unha conferencia que será pronunciada por Ricardo Gurriarán, historiador, escritor e director da sección de historia da Fundación 10 de Marzo, baixo o tÃtulo O asociacionismo cultural en Galicia:
Cultura e lingua como forma de resistencia na ditadura franquista.
Fará un repaso de asociacións culturais, como o Valle-Inclán de Lugo, que supuxeron espazos de liberdade e de profusión, difusión e rescate dos nosos sinais identitarios durante o longo perÃodo da ditadura: a cultura e a lingua galega.
Celebrarase o mércores, dÃa 3 de febreiro, a partir das 20,00 horas, no Salón de actos da Casa do Saber, Vicerrectorado de Lugo. O venres, dÃa 12 de febreiro, terá lugar unha Mesa redonda sobre “Asociacionismo cultural en Lugo hoxe”, na que partiaciparán representantes das asociacións: Achádego (Tareixa Campo DomÃnguez), Antigos Alumnos da Escola de Artes Aplicadas Ramón Falcón (Adolfo de Abel Vilela), Cultura do PaÃs (Antón Somoza), Fonmiñá (Xulio Xiz), Sociedad Filarmónica de Lugo (José Luis DÃaz), e Lugo Patrimonio (Adolfo de Abel Vilela)
Ferrol é a primeira das 13 citas co libro e a lectura que terán os galegos e galegas en diferentes vilas e cidades das catro provincias. Tras esta cidade, recollerá o relevo Santiago de Compostela, do 2 ao 10 de maio; Lugo, do 13 ao 17 de maio; O Porriño, do 14 ao 17 de maio; Redondela, do 11 ao 14 de xuño, e Ourense, do 17 ao 20 de xuño. Xa no mes de xullo, Vigo abrirá o dÃa 1, prolongándose ata o dÃa 7, continuando en Ponteareas, desde o dÃa 9 ata o 12, e en Rianxo do 23 ao 26. Finalmente, en agosto, as Feiras do Libro viaxarán ata A Coruña, do 1 dÃa ata o 10; Viveiro, do dÃa 13 ao 19; Foz do 20 ao 23, e rematarán en Monforte de Lemos, onde se celebrará do dÃa 26 ao 29 de agosto.
O número de persoas en Galicia que le ocasional ou habitualmente na nosa lingua medra en case nove puntos ata acadar o 72 %, isto é, sete de cada dez galegos. Ademais deste incremento do 13 por cento na lectura ocasional ou habitualmente en galego con respecto ao ano anterior, o estudo de 2025 tamén revela a consolidación dunha Galicia lectora, reflectida no sindicadores que sinalan que o 96,5 % da poboación maior de 14 anos le en calquera medio e soporte, o que sitúa a nosa Comunidade nun 1,4% por enriba da media de España. Ademais, o 70 % destas lecturas son de libros.