
A Casa da Parra inicia a súa programación de 2016 coa exposición Camiño de volta, no ano no que este centro expositivo da Consellería de Cultura e Educación cumpre tres décadas de traxectoria. Este mostra colectiva, que abriu esta tarde as súas portas, reúne distintas lecturas sobre a natureza realizadas por Caxigueiro, Carmen Chacón, Denís Estévez, Xurxo Gómez-Chao, José Meis, Olga Osorio, Xoan Piñón e Manuel Sendón.
Comisariada por Mercedes Rozas e coa coordinación de Pilar Corredoira, a mostra ofrece unha reinterpretación do novo paisaxismo na arte fotográfica galega; de paisaxes como a da serra do Courel, da costa das Rías altas, dos Canóns do Sil, das Fragas do Eume ou do Pico Sacro,segundo afirmou o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, durante o acto de inauguración da exposición, no que tamén destacou a fotografía como unha das disciplinas que ten aportado máis elementos para a construción dun imaxinario colectivo da paisaxe contemporánea.
Creadores e creadoras cunha sólida traxectoria artística dialogan con figuras emerxentes arredor do concepto de paisaxe, desde a orixe da propia palabra e os seus estudos etimolóxicos e literarios ata as numerosas análises estéticas. Cada un deles contribúe con varias pezas de diferente formato á creación dun discurso artístico múltiple, que inclúe tamén unha instalación de cine.
Achegamento á natureza desde diversas lecturas
A exposición Camiño de volta recolle a obra de oito creadores e creadoras que, a través dos seus rexistros fotográficos, interpretan a esencia das cousas, a esencia dun territorio. Todos eles conciben a natureza desde diferentes perspectivas: partindo da realidade tal e como se presenta, acomodándoa á utopía, suxeríndoa, axexándoa desde o compromiso, intervíndoa nas súas ou contemplándoa e gozándoa desde a experiencia.
Neste marco, a exposición pretende mostrar esa creación da paisaxe como un compoñente encadeado a outros substratos, substancialmente á poesía, a música ou ao cinema, apostando así pola posibilidade de viaxar pola cultura sen marcos establecidos, coa liberdade de soportes, linguaxes e conceptos.
Encabezando a mostra atópanse as palabras do poeta galego Uxío Novoneyra, autor de Os Eidos e do poema Se o pasado é pasado, cuxos versos alumean, coa emotividade desa visión que el tiña da terra, as obras dos oitos artistas.
Un centro expositivo de referencia
Localizada no centro histórico compostelán, ao pé da catedral de Santiago, a Casa da Parra que acolle a mostra posúe unhas especiais características arquitectónicas que potencian a diversidade dos proxectos, centrados fundamentalmente en programacións de produción propia de artistas galegos de vangarda ou de creadores foráneos vinculados con Galicia.
Desde a exposición do fotógrafo Xaquín Novoa en 1986 ata a actualidade, foron máis dun cento de exposicións as que converteron a Casa da Parra nun espazo de referencia para a arte desde a capital de Galicia, na emblemática praza da Quintana.
O proxecto Xenoma Galicia, que conta cun investimento de 20 millóns de euros, ten por obxecto recompilar o ADN de 400.000 galegos para identificar os xenes relacionados co cancro de mama e ovario hereditario, a síndrome de Lynch e a hipercolesterolemia familiar. Ata o de agora, foron analizadas 3.112 mostras biolóxicas. En concreto, 1.037 mostras de sangue na primeira pilotaxe do proxecto, 796 de saliva no segundo piloto e, coa primeira fase do proxecto en marcha, 1.279 mostras dos voluntarios dos primeiros distritos participantes. A análise das mostras destes 1.279 participantes da fase 1 permitiu detectar 25 novos casos positivos. En concreto, 14 participantes deron positivo en cancro de mama e ovario hereditario, dous na síndrome de Lynch e nove en hipercolesterolemia familiar.
A Pedreira e Fillas de Cassandra estarán presentes no Womex 2026, o máis importante encontro mundial das músicas folk e de raíz que se celebra ata este domingo en Las Palmas de Gran Canaria. Trátase dunha iniciativa que ofrece aos artistas e ás empresas galegas un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante programadores, festivais, axencias de contratación e outros profesionais de diferentes países. A artista foi escollida por un xurado internacional independente para formar parte dos Official Showcases, a selección oficial de concertos coa que Womex achega aos profesionais propostas das músicas do mundo.