Xosé Otero Canto (Natural de Ponte de Outeiro e veciño de Lugo), co poema O VENTO É UN MOINANTE (Cantiga para dormir ao neno), foi o gañador do XL CERTAME NACIONAL DE POESÍA SOBRE O NADAL, convocado polo Centro cultural José Domínguez Guizán de Begonte, dotado con 600 e estatuíña de Sargadelos.
O segundo premio, dotado con 300 e estatuíña de Sargadelos, concedeuse ao poema SEMPRE HABERÁ BELÉN, que co lema O Pombo da chousa grande foi presentado por Carlos López Fernández, veciño de Lugo. Pola calidade dos seus traballos, concedéronse cadansúa MENCIÓN DE HONRA dotada con estatuíña de Sargadelos ás autoras:
- Rosa Piñeiro, de Ávila polo seu poema HAI UN BELÉN DE GARDA presentado baixo o lema Alonit e
- Lucía Penalonga Cruz, de Lugo, polo seu poema O NENO É GALEGO.
O xurado estivo formado por Jesús Domínguez Guizán, Presidente do Centro Cultural convocante, Xavier Rodríguez Barrio (Poeta), e Xulio Xiz (que actuou como Secretario).
Os premios serán entregados o 30 de xaneiro, sábado, no decurso
dos actos de clausura do Belén Electrónico de Begonte e da XLIV edición de O Nadal en Begonte.
O proxecto Xenoma Galicia, que conta cun investimento de 20 millóns de euros, ten por obxecto recompilar o ADN de 400.000 galegos para identificar os xenes relacionados co cancro de mama e ovario hereditario, a síndrome de Lynch e a hipercolesterolemia familiar. Ata o de agora, foron analizadas 3.112 mostras biolóxicas. En concreto, 1.037 mostras de sangue na primeira pilotaxe do proxecto, 796 de saliva no segundo piloto e, coa primeira fase do proxecto en marcha, 1.279 mostras dos voluntarios dos primeiros distritos participantes. A análise das mostras destes 1.279 participantes da fase 1 permitiu detectar 25 novos casos positivos. En concreto, 14 participantes deron positivo en cancro de mama e ovario hereditario, dous na síndrome de Lynch e nove en hipercolesterolemia familiar.
A Pedreira e Fillas de Cassandra estarán presentes no Womex 2026, o máis importante encontro mundial das músicas folk e de raíz que se celebra ata este domingo en Las Palmas de Gran Canaria. Trátase dunha iniciativa que ofrece aos artistas e ás empresas galegas un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante programadores, festivais, axencias de contratación e outros profesionais de diferentes países. A artista foi escollida por un xurado internacional independente para formar parte dos Official Showcases, a selección oficial de concertos coa que Womex achega aos profesionais propostas das músicas do mundo.