A mostra, que se abreu ao público o día 15de xaneiro, estará aberta neste centro ata o 29 de xaneiro, durante o horario de apertura, polas tardes. Entre os cadros expostos están os premiados polo Xurado do Certame, que adxudicou o Premio á obra presentada polo profesor de arte de orixe vilalbés, Eduardo Pérez Baamonde. Está dotado con 1.500 e estatuíña de Sargadelos.
O Xurado, formado por Aurelia Balseiro García (Directora do Museo Provincial de Lugo), os pintores Gonzalo Sánchez Folgueira e Manuel Gulín Rodríguez, e o xornalista Xulio Giz Ramil (Secretario, en nome da entidade convocante), otorgou así mesmo cadansúa mención de honra ás obras presentadas por Fabiola Mecías de Vigo, e José Manuel Peña Romay, de Lugo.
Os premios serán entregados o sábado, trinta de xaneiro, no decurso dos actos de clausura do Belén Electronico e de O NADAL EN BEGONTE.
O proxecto Xenoma Galicia, que conta cun investimento de 20 millóns de euros, ten por obxecto recompilar o ADN de 400.000 galegos para identificar os xenes relacionados co cancro de mama e ovario hereditario, a síndrome de Lynch e a hipercolesterolemia familiar. Ata o de agora, foron analizadas 3.112 mostras biolóxicas. En concreto, 1.037 mostras de sangue na primeira pilotaxe do proxecto, 796 de saliva no segundo piloto e, coa primeira fase do proxecto en marcha, 1.279 mostras dos voluntarios dos primeiros distritos participantes. A análise das mostras destes 1.279 participantes da fase 1 permitiu detectar 25 novos casos positivos. En concreto, 14 participantes deron positivo en cancro de mama e ovario hereditario, dous na síndrome de Lynch e nove en hipercolesterolemia familiar.
A Pedreira e Fillas de Cassandra estarán presentes no Womex 2026, o máis importante encontro mundial das músicas folk e de raíz que se celebra ata este domingo en Las Palmas de Gran Canaria. Trátase dunha iniciativa que ofrece aos artistas e ás empresas galegas un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante programadores, festivais, axencias de contratación e outros profesionais de diferentes países. A artista foi escollida por un xurado internacional independente para formar parte dos Official Showcases, a selección oficial de concertos coa que Womex achega aos profesionais propostas das músicas do mundo.