
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convida a grandes e maiores ao Baile de Entroido Chinés que se celebra no Gaiás o luns 8 de febreiro a partir das 17 horas. A festa, que arrancará ás 17 horas, servirá para darlle a benvida ao novo ano chinés, e contará coa tradicional Danza do León e a música en directo da banda de rock para nenos A Gramola Gominola.
Coincindo co inicio do novo ano chinés, a Cidade da Cultura aproveitará o Baile de Entroido para renderlle unha homenaxe a esta cultura, convidando a todos os asistentes a caracterizarse con roupas orientais.
Ademais, o público poderá sorprenderse cos movementos da Danza do León, baile habitual nos festexos da celebración do novo ano en China e nas réplicas que se celebran en todo o mundo. Músicos en directo acompañarán aos catro acróbatas que executarán a danza baixo dúas estruturas en forma de leóns, que se moverán entre o público para repartir sorte para este 2016.
O Baile de Entroido Chinés, que terá lugar no Centro de Innovación Cultura, contará coa música en directo da banda para nenos A Gramola Gominola, que interpretará as súas versións en galego dos grandes clásicos do rock. Da man de Paula Romero (voz), Ro Muñoz (batería), Anxelo de Xermar (baixo) e Paco Cerdeira (guitarra), grandes e pequenos poderán gozar dos mellores temas da música contemporánea, aglutinando todos os xéneros: punk, heavy metal, pop, blues, reggae e, por suposto, rock.
As entradas para o Baile de Entroido Chinés xa están á venda a un prezo de 5 no Museo Centro Gaiás, puntos físicos de ATaquilla ou a través do web www.ataquilla.com (+gastos de xestión). A Cidade da Cultura conta con descontos para colectivos e packs familiares que podedes consultar en www.cidadedacultura.gal.
O proxecto Xenoma Galicia, que conta cun investimento de 20 millóns de euros, ten por obxecto recompilar o ADN de 400.000 galegos para identificar os xenes relacionados co cancro de mama e ovario hereditario, a síndrome de Lynch e a hipercolesterolemia familiar. Ata o de agora, foron analizadas 3.112 mostras biolóxicas. En concreto, 1.037 mostras de sangue na primeira pilotaxe do proxecto, 796 de saliva no segundo piloto e, coa primeira fase do proxecto en marcha, 1.279 mostras dos voluntarios dos primeiros distritos participantes. A análise das mostras destes 1.279 participantes da fase 1 permitiu detectar 25 novos casos positivos. En concreto, 14 participantes deron positivo en cancro de mama e ovario hereditario, dous na síndrome de Lynch e nove en hipercolesterolemia familiar.
A Pedreira e Fillas de Cassandra estarán presentes no Womex 2026, o máis importante encontro mundial das músicas folk e de raíz que se celebra ata este domingo en Las Palmas de Gran Canaria. Trátase dunha iniciativa que ofrece aos artistas e ás empresas galegas un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante programadores, festivais, axencias de contratación e outros profesionais de diferentes países. A artista foi escollida por un xurado internacional independente para formar parte dos Official Showcases, a selección oficial de concertos coa que Womex achega aos profesionais propostas das músicas do mundo.