
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, interveu na actividade que inaugurou a duodécima edición do Cantos na Maré, o festival internacional da lusofonía que se celebra en Pontevedra. O acto, no que colabora a Secretaría Xeral de Política Lingüística, consistiu nunha conversa-entrevista que, baixo o título O idioma é a chave coa que abrimos o mundo, o xornalista Suso Iglesias lle realizou a Jorge Palma, figura destacada do rock portugués, e un dos convidados no Cantos na Maré deste ano.
Na presentación, e logo das palabras de Uxía Senlle, directora artística do festival, Valentín García destacou o valor engadido da lingua galega, que transcende as nosas fronteiras e permite relacionármonos cun potencial de 250 millóns de persoas en todo o mundo lusófono, e que tamén facilita a expansión económica nun mercado de gran relevancia, consonte e en aplicación tamén ao que establece a Lei 1/2014 de aproveitamento dos vínculos coa lusofonía coñecida como Paz Andrade.
Xa no tempo para a conversa entre Iglesias e Palma, celebrado no Local de Música da cidade do Lérez, falouse sobre a música en galego e portugués, a relevancia do contacto entre Galicia-Portugal e con outros países da lusofonía, e fíxose un repaso pola traxectoria como compositor e intérprete do propio Jorge Palma.
A nova edición do Cantos na Maré
Cantos na Maré 2016 é unha nova ocasión para gozar dun encontro coa música dos países lusófonos e saborear a súa variedade e riqueza, en palabras de Uxía Senlle.
Nesta ocasión o cartel está composto polo brasileiro Alceu Valença, icona da música nordestina; Karyna Gomes, de Guinea Bissau, a máis recente revelación da música africana lusófona; a brasileira Thaïs Morell, creadora afastada de clixés, que ademais é unha destacada guitarrista e frautista; o portugués Jorge Palma, santo e seña do rock portugués e autor de culto; e os galegos Uxía & Narf, que achegan ao festival as súas Baladas da Galiza Imaxinaria.
O festival, que botou a andar no ano 2003, naceu coa intención de renderlle unha homenaxe ao mar como punto de encontro de artistas, compositores, músicos, poetas e escritores galegos unidos polos sentimentos e valores culturais do universo galegoportugués. Logo das primeiras edicións, celebradas no exterior, o Pazo da Cultura de Pontevedra e mais o mes de xaneiro convertéronse no onde e no cando actuais, con Uxía Senlle na dirección artística e Paulo Borges na dirección musical. Dulce Pontes, Joao Afonso, Filipa Pais, Chico César ou Guadi Galego son só algúns dos nomes que conformaron o cartel do Cantos na Maré nalgunha das súas anteriores edicións.
O poder da lusofonía
A Xunta de Galicia tamén ten a mirada posta no mundo lusófono. O primeiro Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico 2015/2020, que pretende avanzar na promoción do uso da lingua galega no sector económico, quere reforzar e consolidar o idioma propio de Galicia como valor engadido do ámbito empresarial, dentro e fóra do territorio galego.
O espírito do novo plan responde á idea de que a lingua galega, ademais de ser un valor como denominación de orixe e de implicar un extra de confianza, calidade e proximidade nos/as consumidores/as, fai posible a vía da comunicación internacional en mercados emerxentes do mundo lusófono, o que pode reportar tamén beneficios económicos. Nesta liña, a Administración autonómica puxo en marcha nos últimos anos campañas como Exportar en galego, con importantes resultados empresariais no marco da lusofonía que computa a día de hoxe máis de 250 millóns de falantes e abrangue algunhas das economías máis emerxentes do mundo-.
O proxecto Xenoma Galicia, que conta cun investimento de 20 millóns de euros, ten por obxecto recompilar o ADN de 400.000 galegos para identificar os xenes relacionados co cancro de mama e ovario hereditario, a síndrome de Lynch e a hipercolesterolemia familiar. Ata o de agora, foron analizadas 3.112 mostras biolóxicas. En concreto, 1.037 mostras de sangue na primeira pilotaxe do proxecto, 796 de saliva no segundo piloto e, coa primeira fase do proxecto en marcha, 1.279 mostras dos voluntarios dos primeiros distritos participantes. A análise das mostras destes 1.279 participantes da fase 1 permitiu detectar 25 novos casos positivos. En concreto, 14 participantes deron positivo en cancro de mama e ovario hereditario, dous na síndrome de Lynch e nove en hipercolesterolemia familiar.
A Pedreira e Fillas de Cassandra estarán presentes no Womex 2026, o máis importante encontro mundial das músicas folk e de raíz que se celebra ata este domingo en Las Palmas de Gran Canaria. Trátase dunha iniciativa que ofrece aos artistas e ás empresas galegas un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante programadores, festivais, axencias de contratación e outros profesionais de diferentes países. A artista foi escollida por un xurado internacional independente para formar parte dos Official Showcases, a selección oficial de concertos coa que Womex achega aos profesionais propostas das músicas do mundo.