Notas de prensa

Máis de 3.000 persoas participaron nas actividades en xira do programa Nadal en rede

A cantar con… A Gramola Gominola, Cantos Contos no Nadal e ISIstorias de Nadal chegaron a 30 entidades da Rede de Dinamización Lingüística. A oferta de ‘Nadal en Rede’ estendeuse tamén de xeito virtual, cun bo feixe de recursos dixitais para felicitar e celebrar en galego o tempo do Nadal.

A cuarta edición do programa de dinamización lingüística ‘Nadal en Rede’ rematou logo destas dúas semanas de festas nas que tres actividades estiveron en xira por toda Galicia co obxectivo de celebrarmos en galego o tempo de Nadal.

Arredor de 3.200 persoas asistiron a algunha das 30 citas que a Rede de Dinamización Lingüística programou noutras tantas entidades pertencentes ao seu núcleo. A RDL, que promove a Xunta de Galicia canda 170 entidades locais, programou as propostas musicais para a xente miúda da casa ‘A cantar con… A Gramola Gominola’ e ‘Cantos Contos no Nadal’, e mais a actividade de humor ‘ISIstorias de Nadal’.

Estas tres iniciativas visitaron os concellos da Bola, A Rúa, Bande, Boimorto, Burela, Campo Lameiro, Cangas, Celanova, Corcubión, Cospeito, Curtis, Dumbría, Forcarei, Frades, Laxe, Melón, Mesía, Mondariz-Balneario, Monterroso, Muíños, Muros, Parada de Sil, Pontecesures, Ramirás, Sarreaus, Sober, Sobrado dos Monxes, Toén, Toques e Verín, para despedir o 2015 e darlle a benvida ao 2016.

Rock, funk ou blues coa Gramola Gominola

‘A Gramola Gominola’, o primeiro grupo de rock infantil en galego, presentou unha actividade dirixida especialmente á cativada de 5 a 10 anos e ás súas familias. Aínda tendo como eixe central o rock and roll, mostrou diferentes estilos da música contemporánea: desde o reggae ás baladas heavies, pasando polo pop e o funk, o country, o blues ou o ska.

Música e contacontos para o Nadal

Unha proposta anovadora de cantacontos participativos dirixida a familias con fillos de 2 a 5 anos que tivo na música o seu fío condutor. Guiado polo coñecido cantante Pablo Díaz, o público colaborou contando historias e aprendeu cancións para repetir na casa, nas longas sobremesas de Nadal.

Isi e as súas historias de Nadal

‘ISIstorias de Nadal’ estivo destinada a público de calquera idade, e supuxo un xeito perfecto de reivindicar a simbiose entre a anécdota popular e a tradición oral, combinadas aquí para difundir a lingua galega. Protagonizada polo televisivo Isi, unha das características deste humorista é o partido que lles tira ás vivencias persoais e ás do seu contorno; desta volta, co Nadal como pano de fondo.

Recursos na rede

Ademais, ‘Nadal en Rede’ facilitou catro recursos dixitais pensados para estas festas e descargables, de balde, desde o Portal da Lingua Galega www.lingua.gal

A estrea da ferramenta ‘Resposta dos Reis’ para que pais e nais (así como os servizos de normalización dos concellos que o desexaron) puideran elaborar unha resposta das Súas Maxestades de Oriente ás misivas enviadas pola rapazada; a ‘Carta aos Reis Magos’, un modelo para escribirlles a Melchor, Gaspar e Baltasar en galego; o ‘Libro dos Reis Magos’, con discursos na lingua propia de Galicia co propósito de facilitarlles o traballo nas cabalgatas ás Súas Maxestades; e a aplicación ‘Postais en galego’, para felicitar as festas electronicamente con mensaxes na nosa lingua.

Xira de Nadal dos Bolechas

Os Bolechas e a súa Xira de Nadal percorreron Foz, Verín e Viveiro -tres localidades da Rede de Dinamización Lingüística- durante este tempo de vacacións escolares.

Houbo obradoiros de debuxo, cine, música, ludoteca, sala de ordenadores... e moitos agasallos que complementaron, con esta actividade, a programación de ‘Nadal en Rede’.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2016-01-07

Actualidad

Foto del resto de noticias (proxecto-xenoma-galicia.jpg) O proxecto Xenoma Galicia, que conta cun investimento de 20 millóns de euros, ten por obxecto recompilar o ADN de 400.000 galegos para identificar os xenes relacionados co cancro de mama e ovario hereditario, a síndrome de Lynch e a hipercolesterolemia familiar. Ata o de agora, foron analizadas 3.112 mostras biolóxicas. En concreto, 1.037 mostras de sangue na primeira pilotaxe do proxecto, 796 de saliva no segundo piloto e, coa primeira fase do proxecto en marcha, 1.279 mostras dos voluntarios dos primeiros distritos participantes. A análise das mostras destes 1.279 participantes da fase 1 permitiu detectar 25 novos casos positivos. En concreto, 14 participantes deron positivo en cancro de mama e ovario hereditario, dous na síndrome de Lynch e nove en hipercolesterolemia familiar.
Foto de la tercera plana (womex-2026.jpg) A Pedreira e Fillas de Cassandra estarán presentes no Womex 2026, o máis importante encontro mundial das músicas folk e de raíz que se celebra ata este domingo en Las Palmas de Gran Canaria. Trátase dunha iniciativa que ofrece aos artistas e ás empresas galegas un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante programadores, festivais, axencias de contratación e outros profesionais de diferentes países. A artista foi escollida por un xurado internacional independente para formar parte dos Official Showcases, a selección oficial de concertos coa que Womex achega aos profesionais propostas das músicas do mundo.

Notas

A Universidade de Vigo acollerá os días 4, 5 e 6 de novembro a 5th European School on Environmental Applications of Advanced Oxidation Processes (5thEPS-AOPs), un encontro científico internacional que reunirá expertos, persoal investigador, estudantes de doutoramento e representantes do sector empresarial para abordar os últimos avances en tecnoloxías de descontaminación ambiental e tratamento sostible da auga.
A UDC pon en marcha InPacto, unha iniciativa que busca achegar a investigación de excelencia á cidadanía e fortalecer a conexión entre universidade, empresa e sociedade. Este programa reúne por primeira vez nun proxecto común ao persoal investigador Ramón y Cajal (R&C) da UDC para desenvolver unha programación de actividades de divulgación, transferencia de coñecemento e participación social.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES