Notas de prensa

El día más corto [ED+C] fala por vez primeira en galego con pezas de catro creadores

A Agadic colaborou coa Coordinadora del Cortometraje Español para apoiar a presenza de traballos en galego dentro da programación deste evento, que se desenvolve o luns 21 de decembro en España e outros 17 países. O cazador, Bata por fóra (muller por dentro), Conversa cunha muller morta e Anacos forman, no catálogo de curtas.

O programa audiovisual ‘El día más corto [ED+C]Â’, que se desenvolve cada 21 de decembro coincidindo co solsticio de inverno, incorpora por vez primeira á súa programación catro curtametraxes en galego. ‘O cazadorÂ’, de Ãngel Santos; ‘Bata por fóra (muller por dentro), de Claudia Brenlla; ‘Conversa cunha muller mortaÂ’, de Sonia Méndez; e ‘AnacosÂ’, de Xacio Baño, forman parte do catálogo que se lles ofrece de xeito gratuíto a todas as persoas interesadas en organizar proxeccións públicas ou privadas o vindeiro luns.

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colaborou coa Coordinadora del Cortometraje Español, promotora en España desta iniciativa internacional, para apoiar a presenza de traballos rodados na nosa lingua entre o centenar de curtametraxes desta programación. A incorporación de curtas en galego, catalán e vasco é, ademais, unha das principais novidades da terceira edición do evento, que tamén inclúe na súa oferta en liña unha recompilación exclusiva de pezas musicais, un programa europeo de filmes infantís de animación e a serie ‘Zero’, do español David Victori, con produción de Ridley Scott e Michael Fassbender.

Innovación e exclusividade

Os catro traballos galegos seleccionados sitúanse na liña de traballo pola que está a apostar a organización de [ED+C], poñendo a disposición dos espectadores pezas únicas que destacan pola súa innovación e exclusividade, ao tempo que dan conta da riqueza e creatividade dos novos talentos cinematográficos.

Así, ‘O cazadorÂ’, de Ãngel Santos, trátase dun traballo de 2008 que foi descrito pola prestixiosa publicación ‘Cahiers du Cinemá’ como “unha pequena xoia que atrapa as fases da transformación dunha historia desde que é papel ata que é imaxe”. De 2008 é tamén ‘Bata por fóra (muller por dentro)Â’, de Claudia Brenlla, una peza realizada a partir do traballo da artista austríaca Petra Buchegger arredor desta prenda popular e tradicional, que nos propón unha alegre oda á modernidade da tradición.

No caso de ‘Anacos’, de 2012, atopámonos diante dun filme sobre a brevidade e a simpleza da vida, que nace como unha evolución formal do anterior traballo de Xacio Baño, ‘Estereoscopía’, na procura dunha narrativa e estética propias. A cuarta fita en galego de ‘El día más corto’ é ‘Conversa cunha muller morta’ (2012), na que Sonia Méndez aborda a lacra da violencia de xénero desde unha perspectiva completamente nova e inesperada.

Evento aberto e gratuíto

[ED+C] é un evento aberto e gratuíto que ten como obxectivo difundir o sector da curtametraxe en España como unha das manifestacións máis destacadas do actual panorama cultural, que na última década ten sido recoñecido con máis de 5.000 galardóns internacionais.

Con tal fin, o web www.eldiamascorto.com reúne un centenar de traballos, entre os que –ademais dos xa mencionados– tamén se atopan curtas premiadas nos Goya e nominadas aos Oscar. As películas estarán dispoñibles en ‘streaming’ durante as 24 horas do día 21 para todos os que queiran organizar proxeccións tanto privadas como en espazos públicos. O sistema é compatible con calquera dispositivo con acceso a Internet.

Esta iniciativa, que naceu en Francia en 2011, experimentou un rápido crecemento internacional ata estenderse na actualidade a un total de 18 países. En España, botou a andar en 2013 con 82 proxeccións e 5.000 participantes e deu un importante salto cuantitativo en 2014 con 102 sesións e 10.000 espectadores. Para a edición do vindeiro luns, xa están confirmadas proxeccións en varias decenas de localidades, así como en diferentes sedes do Instituto Cervantes no estranxeiro.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2015-12-18

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando así ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
Foto de la tercera plana (autopista-ap9.jpg) A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.

Notas

O próximo 12 de agosto a Península Ibérica vivirá un dos eventos astronómicos máis importantes do século: unha eclipse total de Sol. Pola súa posición xeográfica, a súa climatoloxía e a súa contorna histórica-monumental, a cidade de Lugo foi sinalada como un dos mellores destinos de toda Europa para contemplar este fenómeno na súa máxima plenitude.
A VIII edición do congreso da Sociedad de Estudios de Cerámica Antigua en Hispania (SECAH) está estes días celebrándose no campus de Ourense, cunha visita tamén a Lugo. A cita reúne a 80 especialistas de España e Portugal e conta cun programa formado por 50 relatorios e 35 pósters nos que se abordan as últimas novidades e proxectos neste eido de investigación.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES