Notas de prensa

Concertos de Nadal da Orquestra do Espazo de Cámara e do Coro Universitario da Universidade de Santiago

Como concerto extraordinario de Nadal, o Coro Universitario de Santiago e o Orfeón Terra a Nosa interpretan o luns 21 de decembro unha Misa Criolla, concerto que se celebra na Igrexa da Universitaria a partir das 21.00 horas con entrada libre ata completar o aforo. A esta orquestra incorporáronse profesores da Real Filharmonía.

Verdi, Bach, Beethoven e Bizet soan o sábado 19 de decembro na Igrexa da Universidade da man da Orquestra do Espazo de Cámara da USC, que como todos os anos en decembro ofrece o Concerto de Nadal baixo a batuta de Mario Diz. O recital será ás 20.00 horas, con entrada libre ata completar o aforo. O programa do concerto confórmano obras de grande envergadura e servirá de punto de partida a unha programación anual que contempla, ademais dunha serie de novidades, a consolidación desta agrupación musical como a única orquestra universitaria en Galicia e como un referente no espazo das orquestras amateurs do seu contorno.

Tamén, como concerto extraordinario de Nadal, o Coro Universitario de Santiago e o Orfeón Terra a Nosa interpretarán o luns 21 unha Misa Criolla, concerto que se celebrará na Igrexa da Universitaria a partir das 21.00 horas con entrada libre ata completar o aforo.

Orquestra

A Orquestra do Espazo de Cámara naceu en 2010 co obxecto de impulsar na xuventude universitaria, e por extensión na cidadanía de Compostela, un proxecto educativo e cultural que procura de maneira prioritaria a formación dos seus membros que, semana tras semana, adquiren un maior compromiso co estudo e a difusión dos valores da música. Dende 2010, a orquestra participou en numerosos proxectos como o aniversario de Debussy co concerto de Arpa e Orquestra do mesmo autor, interpretado pola solista Reyes Gómez; o concerto de Violonchelo de Haydn en Re maior a cargo de Carlos G. Amigo; un monográfico sobre Astor Piazzolla e outro sobre a música galega.

Máis recentemente, a orquestra interpretou xunto ao coro Vigués Gli Apassionati o Magnificat de J.S. Bach e o Gloria de Vivaldi. Xa en colaboración coa Aula de Teatro da USC, a orquestra dirixida por Mario Diz realiza unha versión do musical ‘Sweeney Todd’, de Stephen Sondheim, co que este ano acadou os premios ao mellor espectáculo do festival de teatro de Covilhâ, o do público da MITEU de Ourense e ao mellor espectáculo no XVI-ias tarptautinis universitetu teatru forumas en Vilnius, Lituania. Participa tamén nas Xornadas de Música Contemporánea de Santiago de Compostela dende o seu inicio xunto á Sinfónica de Galicia e a Real Filharmonía de Galicia como unha das tres orquestras convidadas.

A Orquestra, un proxecto artístico ao que se incorporaron no tempo diversos profesores da Real Filharmonía de Galicia así como outros profesores relevantes do ámbito musical galego, foi recentemente incluída na rede de Orquestras Universitarias Europeas, ENUO, onde participan formacións de máis de 28 nacionalidades.

Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, 2015-12-18

Actualidad

Foto del resto de noticias (proxecto-xenoma-galicia.jpg) O proxecto Xenoma Galicia, que conta cun investimento de 20 millóns de euros, ten por obxecto recompilar o ADN de 400.000 galegos para identificar os xenes relacionados co cancro de mama e ovario hereditario, a síndrome de Lynch e a hipercolesterolemia familiar. Ata o de agora, foron analizadas 3.112 mostras biolóxicas. En concreto, 1.037 mostras de sangue na primeira pilotaxe do proxecto, 796 de saliva no segundo piloto e, coa primeira fase do proxecto en marcha, 1.279 mostras dos voluntarios dos primeiros distritos participantes. A análise das mostras destes 1.279 participantes da fase 1 permitiu detectar 25 novos casos positivos. En concreto, 14 participantes deron positivo en cancro de mama e ovario hereditario, dous na síndrome de Lynch e nove en hipercolesterolemia familiar.
Foto de la tercera plana (womex-2026.jpg) A Pedreira e Fillas de Cassandra estarán presentes no Womex 2026, o máis importante encontro mundial das músicas folk e de raíz que se celebra ata este domingo en Las Palmas de Gran Canaria. Trátase dunha iniciativa que ofrece aos artistas e ás empresas galegas un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante programadores, festivais, axencias de contratación e outros profesionais de diferentes países. A artista foi escollida por un xurado internacional independente para formar parte dos Official Showcases, a selección oficial de concertos coa que Womex achega aos profesionais propostas das músicas do mundo.

Notas

A Universidade de Vigo acollerá os días 4, 5 e 6 de novembro a 5th European School on Environmental Applications of Advanced Oxidation Processes (5thEPS-AOPs), un encontro científico internacional que reunirá expertos, persoal investigador, estudantes de doutoramento e representantes do sector empresarial para abordar os últimos avances en tecnoloxías de descontaminación ambiental e tratamento sostible da auga.
A UDC pon en marcha InPacto, unha iniciativa que busca achegar a investigación de excelencia á cidadanía e fortalecer a conexión entre universidade, empresa e sociedade. Este programa reúne por primeira vez nun proxecto común ao persoal investigador Ramón y Cajal (R&C) da UDC para desenvolver unha programación de actividades de divulgación, transferencia de coñecemento e participación social.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES