
O Auditorio Municipal acolle o xoves 17 de decembro a estrea do Ballet Nacional Ruso en Ourense coa súa especial visión de El Lago de los Cisnes de Tchaikovsky. Dirixidos por Serguei Radchenko, o espectáculo destaca polo virtuosismo dos principais bailaríns solistas, todos eles formados nas mellores escolas rusas, ademais de contar cun grande corpo de baile: a compañía, a primeira de carácter privado creada no país logo da caída da Unión Soviética (é de 1989), está composta por 45 personas.
Radchenko, graduado na Escola de Danza de Moscú, uníuse ao Ballet do Teatro Bolshoi, onde traballou durante 25 anos nos que foi parella de baile da mítica Maya Plisétskaya, a quen lle quixo dedicar esta xira por 56 países do mundo e pola que, logo de dous meses, xa viron 30.500 espectadores. A función será o xoves 17 ás 20:30 horas, e os prezos van dos 18 aos 22 euros.
A programación do Auditorio continúa o venres 18 coa actuación de Antón Coucheiro e o seu espectáculo 'Psicópata', unha comedia negra con doses de humor, maxia, música, sangue e moita provocación que promete non deixar a ninguén indiferente. A obra, de 70 minutos de duración, conta as aventuras (e desventuras) do coñecido coma asasino do cútter. A función é o venres ás 20:30 horas na sala principal.
O sábado 19 é o turno dun clásico da literatura infantil: 'Os músicos de Bremen', conmovedor conto dos irmáns Grimm que está acadando un grande éxito de de público pola súa exquisita interpretación. O espectáculo comezará ás 17:00 horas e, malia que está dirixido ao público infantil, tamén pode causar sensación entre os que manteñan viva a súa inocencia infantil.
Logo do musical chega o desfile inaugural da Mostra de Teatro Infantil de Ourense (MOTI). Dende as 19:00 horas, e con saída do Parque San Lázaro, a obra Maremoti percorrerá a rúa do Paseo ata a Praza Maior co espectáculo MareMOTI', da compañía Trécola Teatro. A MOTI desenvolverase do 26 ao 30 con 18 compañías de todo o Estado e máis de 20 funcións para idades comprendidas entre os 0 e os 12 anos.
A semana remata no Auditorio con 'O Apalpador conta con vós', o domingo 20 ás 12:00 horas, a mítica personaxe da tradición galega faralles pasar aos máis cativos unha hora chea de maxia.
Todas as entradas poden adquirirse en ataquilla.com ou 2 horas antes do inicio de cada sesión na billeteira do Auditorio.
Exposicións que se poden visitar estes días
A oferta do Auditorio Municipal complétase coa exposición fotográfica 'Miradas do presente, ou pegadas do pasado?', que estará ata o 31 de decembro no marco do Outono Fotográfico, ao que tamén pertencen as tres exposicións fotográficas que alberga o Museo Municipal durante todo o mes. O Espazo Lusquiños tamén alberga outra exposición do Outono Fotográfico, 'La forma bruta' de Martín Bollanti.
Este venres inaugúrase ademais a mostra pictórica de Felipe Criado no Museo Municipal, que se complementa coa exposición 'Ourense 2015' de Alexandro na Sala Valente ata o 31 de xaneiro.
No parque do Barbaña, e ata o 14 de xaneiro ininterrompidamente, continúa a exposición de carácter didáctico 'Era unha vez... a fala!' da Fundación la Caixa, coa posibilidade de facer visitas guiadas.
Os cidadáns que transiten pola rúa do Paseo poderán atoparse, igualmente, coa exposición gráfica '25 anos máis', que fai un percorrido por un cuarto de século do Campus de Ourense da Universidade de Vigo.
Desde esta mañá, ademais, e logo da inauguración á que asistíu o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, pódese visitar no Obispado de Ourense a exposición Belenes del mundo. Será até o 8 de xaneiro en horario de 10:00 a 13:00 horas, excepto festivos. Pero non será o único espazo no que visitar nacementos, xa que desde mañá ábrense ao público os beléns do Concurso de Nadal. Neste sentido, o máis famoso de todos está na praza de San Cosmede e San Damián: o belén de Arturo Baltar permanece aberto todos os días en horario de 12:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 20:00 horas pola tarde. Os festivos, só abre en horario de tarde.
O Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense organiza ata o 28 de febreiro na sala de exposicións de Afundación a mostra Alicerces, sobre a evolución urbana da cidade das Burgas nos seus últimos cinco séculos de historia.
Pola súa banda, na biblioteca municipal pódese ver a mostra Xosé Filgueira Valverde (1906-1996). Un faro na construción de Galicia, un proxecto expositivo itinerante co que a Xunta de Galicia homenaxea o autor das Letras Galegas 2015.
Por completar a oferta expositiva da cidade de Ourense, o Centro Cultural Marcos Valcárcel acolle o 'Fotodiario de Álex Mene, e o xoves inaugurará unha nova exposición do pintor Manuel Quintana Martelo, artista vigués afincado en Nova Iork e que leva desde a década dos 70 expoñendo por todo o mundo.
Fotografía: http://www.teatrocolon.es/es/evento/el-lago-de-los-cisnes-russian-national-ballet/
O proxecto Xenoma Galicia, que conta cun investimento de 20 millóns de euros, ten por obxecto recompilar o ADN de 400.000 galegos para identificar os xenes relacionados co cancro de mama e ovario hereditario, a síndrome de Lynch e a hipercolesterolemia familiar. Ata o de agora, foron analizadas 3.112 mostras biolóxicas. En concreto, 1.037 mostras de sangue na primeira pilotaxe do proxecto, 796 de saliva no segundo piloto e, coa primeira fase do proxecto en marcha, 1.279 mostras dos voluntarios dos primeiros distritos participantes. A análise das mostras destes 1.279 participantes da fase 1 permitiu detectar 25 novos casos positivos. En concreto, 14 participantes deron positivo en cancro de mama e ovario hereditario, dous na síndrome de Lynch e nove en hipercolesterolemia familiar.
A Pedreira e Fillas de Cassandra estarán presentes no Womex 2026, o máis importante encontro mundial das músicas folk e de raíz que se celebra ata este domingo en Las Palmas de Gran Canaria. Trátase dunha iniciativa que ofrece aos artistas e ás empresas galegas un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante programadores, festivais, axencias de contratación e outros profesionais de diferentes países. A artista foi escollida por un xurado internacional independente para formar parte dos Official Showcases, a selección oficial de concertos coa que Womex achega aos profesionais propostas das músicas do mundo.