
Xunto á autora, participaron na presentación o director de cinema y guionista Manuel Estudillo Santos e o coordinador de Actividades Culturais da Casa, Ramón Jiménez, que o fixo en representación do delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega López.
Jiménez valorou que nesta novela Vázquez de Gey retrata con mestría a vida dos escravos nas casas de familias criollas habaneras e a súa loita pola liberdade. Lembrou que este é o último texto dunha autora de éxito, entre cuxos títulos máis recentes figuran a biografía de Anita Delgado, ´Maharaní de Kapurthala´; a novela histórica ´El sueño de la Maharaní´, e a biografía ´La princesa de Kapurthala´. Sinalou así mesmo que Estudillo Santos recibiu polos seus traballos premios como o Ondas á mellor serie de ficción en 2005 por ´Hospital central´, ou o do público en dúas ocasións: por El Ejecutivo no Festival do cinema de Xixón de 1990 e por El edén perdido no de Málaga de 2007.
Manuel Estudillo, unha das primeiras persoas que leu o manuscrito, agradeceu á Casa de Galicia as facilidades que esta adoita dar a artistas, escritores e cineastas, sinalando que de feito eu mesmo rodei, non nunha, senón en dúas ocasións neste lugar e con todas as comodidades. Despois, a autora e o director protagonizaron unha animada charla sobre a novela, que supón un luminoso paseo pola bellísima Habana colonial que engancha ao lector narrando o día a día de amos e escravos e en particular a vida cotiá nun elegante casarón da rúa Amargura. A escritora referiu os inicios da súa investigación e o modo en que decidiu abordar unha novela, documentada en fontes francesas, galegas e cubanas, que pon sobre a mesa aspectos pouco coñecidos da escravitude e transpórtanos a unha Habana poboada de ricos españois, damas criollas, galegos, chineses, belas mulatas e escravos africanos, que bole entre arquivos de copistas, estudos de síndicos e singulares domicilios de escribientes rueiros.
Elisa Vázquez de Gey explicou que a trama de Una casa en Amargura articúlase a partir da morte dun personaxe, a africana Misterio, e os seus tres amigos descobren que lles deixou unha encomenda: localizar a dúas persoas descoñecidas para que estean presentes na apertura do seu testamento. Toda a novela é unha procura e esa procura vai obter resultados sorprendentes.
A autora tamén se referiu ao episodio dos case dous mil galegos levados a Cuba por un promotor, tamén galego, que en principio foron contratados como colonos pero logo esclavizados, que sae á luz a través dun dos personaxes de Una casa en Amargura.
O proxecto Xenoma Galicia, que conta cun investimento de 20 millóns de euros, ten por obxecto recompilar o ADN de 400.000 galegos para identificar os xenes relacionados co cancro de mama e ovario hereditario, a síndrome de Lynch e a hipercolesterolemia familiar. Ata o de agora, foron analizadas 3.112 mostras biolóxicas. En concreto, 1.037 mostras de sangue na primeira pilotaxe do proxecto, 796 de saliva no segundo piloto e, coa primeira fase do proxecto en marcha, 1.279 mostras dos voluntarios dos primeiros distritos participantes. A análise das mostras destes 1.279 participantes da fase 1 permitiu detectar 25 novos casos positivos. En concreto, 14 participantes deron positivo en cancro de mama e ovario hereditario, dous na síndrome de Lynch e nove en hipercolesterolemia familiar.
A Pedreira e Fillas de Cassandra estarán presentes no Womex 2026, o máis importante encontro mundial das músicas folk e de raíz que se celebra ata este domingo en Las Palmas de Gran Canaria. Trátase dunha iniciativa que ofrece aos artistas e ás empresas galegas un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante programadores, festivais, axencias de contratación e outros profesionais de diferentes países. A artista foi escollida por un xurado internacional independente para formar parte dos Official Showcases, a selección oficial de concertos coa que Womex achega aos profesionais propostas das músicas do mundo.