
A directora da Axencia para Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, asistiu en Tui á reunión de peche do Proxecto ARPAD, onde se fixo balance dos obxectivos marcados nos catro eixos da iniciativa: a creación do Arquivo Dixital Integrado de Galicia, a conservación e difusión do patrimonio documental conxunto, a habilitación de servizos dixitais e a eliminación do papel nas relaciones administrativas na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.
O Proxecto ARPAD enmárcase no Programa Operativo de Cooperación Transfronteriza España Portugal (POCTEP) e contou cun orzamento de 4,7 millóns de euros, cofinanciados nun 75% por fondos FEDER.
Á reunión asistiron os representantes dos sete socios participantes. Xunto coa Amtega, líder da iniciativa, interviñeron na xuntanza o secretario xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Anxo Lorenzo, o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro; e técnicos da Dirección Xeral de Administración Local da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, do Centro Informático para a Xestión Tributaria a Xestión Tributaria Económico-Financiera e Contable (CIXTEC) da Consellería de Facenda; a Comunidade Intermunicipal do Minho-Lima (CIM Alto Miño,) que integra dez concellos do norte de Portugal; e da Deputación de Pontevedra.
Arquivo Dixital Integrado
Un dos obxectivos chave do Proxecto ARPAD era a creación do Arquivo Dixital Integrado, que entrará en funcionamento en 2016. Esta plataforma tecnolóxica inclúe dúas áreas diferenciadas: o Arquivo Electrónico Administrativo e o Arquivo Electrónico Patrimonial.
O Arquivo Electrónico Administrativo é a pedra angular da Administración electrónica, xa que permitirá eliminar progresivamente o papel na Administración e xestionar e conservar con todas as garantías de seguridade e dispoñibilidade a documentación dixital durante todo o ciclo de vida administrativa. No primeiro trimestre de 2016 estarán xa integrados no Arquivo Electrónico 100 procedementos administrativos cuxa xestión será integramente electrónica.
O Arquivo Dixital Integrado é unha infraestrutura tecnolóxica situada no Centro de Proceso de Datos do Gaiás, que actúa como nodo central de custodia de toda a información que xera a Administración autonómica.
Conservación e Difusión do Patrimonio documental
O Arquivo Electrónico Patrimonial, integrado no Arquivo Dixital, arrancará tamén en 2016 con máis de 275.0000 documentos dixitalizados procedentes dos Arquivos do Reino de Galicia, do Histórico Provincial de Ourense e do Concello de Tui.
Este Arquivo Electrónico Patrimonial é compatible con proxectos europeos como EURPEANA (punto común de acceso aos fondos das bibliotecas, arquivos e museos de toda Europa) e os seus fondos estarán accesibles desde o Portal de Difusión do Patrimonio Documental de Galicia, que estará operativo no primeiro trimestre de 2016.
Servizos de interoperabilidade transfronteirizos e eliminación do papel
Outro dos eixos do proxecto ARPAD era a posta en marcha de servizos de interoperabilidade transfronteirizos e servizos dixitais avanzar na eliminación do papel nas relacións interadministrativas. Neste ámbito, cómpre destacar a posta a disposición dos provedores portugueses dos Sistema Electrónico de Facturación e a publicación en portugués do Diario Oficial de Galicia, que estará dispoñible en 2016. Tamén se creou un portal de información transfronteiriza para informar dos servizos dispoñibles a ambos lados da fronteira que se porá en marcha a principios de ano.
O proxecto Xenoma Galicia, que conta cun investimento de 20 millóns de euros, ten por obxecto recompilar o ADN de 400.000 galegos para identificar os xenes relacionados co cancro de mama e ovario hereditario, a síndrome de Lynch e a hipercolesterolemia familiar. Ata o de agora, foron analizadas 3.112 mostras biolóxicas. En concreto, 1.037 mostras de sangue na primeira pilotaxe do proxecto, 796 de saliva no segundo piloto e, coa primeira fase do proxecto en marcha, 1.279 mostras dos voluntarios dos primeiros distritos participantes. A análise das mostras destes 1.279 participantes da fase 1 permitiu detectar 25 novos casos positivos. En concreto, 14 participantes deron positivo en cancro de mama e ovario hereditario, dous na síndrome de Lynch e nove en hipercolesterolemia familiar.
A Pedreira e Fillas de Cassandra estarán presentes no Womex 2026, o máis importante encontro mundial das músicas folk e de raíz que se celebra ata este domingo en Las Palmas de Gran Canaria. Trátase dunha iniciativa que ofrece aos artistas e ás empresas galegas un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante programadores, festivais, axencias de contratación e outros profesionais de diferentes países. A artista foi escollida por un xurado internacional independente para formar parte dos Official Showcases, a selección oficial de concertos coa que Womex achega aos profesionais propostas das músicas do mundo.