Notas de prensa

Cultura e Educación celebrará unha homenaxe ao escritor falecido Neira Vilas

Logo do recente pasamento do escritor cruceño o día 26 de novembro, a Xunta promoverá unha serie de actividades culturais para conmemorar a un dos autores máis lidos e queridos da nosa terra, co gallo dos 55 anos da aparición de Memorias dun neno labrego. Será en xaneiro de 2016 e culmina cun acto central na Cidade da Cultura.

Con motivo da celebración, o día 5 de xaneiro de 2016, do 55 aniversario da primeira edición na Editorial Follas Novas de Bos Aires de ‘Memorias dun neno labrego’, o libro que para moitas e moitos rapaces galegos foi o mellor dos agasallos de Reis, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria impulsará ao longo do vindeiro mes de xaneiro varias xornadas cunha serie de actividades culturais arredor da vida e da obra de Xosé Neira Vilas.

Os diversos actos terán como colofón un evento central que se levará a cabo na Cidade da Cultura de Galicia. Trátase dun acto cívico para nenos e maiores no que o teatro, a poesía e a música encherán o escenario evocando a figura de Neira Vilas e da súa personaxe máis universal, o neno Balbino, que chegará da man do actor Cándido Pazó.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2015-12-04

Actualidad

Foto del resto de noticias (proxecto-xenoma-galicia.jpg) O proxecto Xenoma Galicia, que conta cun investimento de 20 millóns de euros, ten por obxecto recompilar o ADN de 400.000 galegos para identificar os xenes relacionados co cancro de mama e ovario hereditario, a síndrome de Lynch e a hipercolesterolemia familiar. Ata o de agora, foron analizadas 3.112 mostras biolóxicas. En concreto, 1.037 mostras de sangue na primeira pilotaxe do proxecto, 796 de saliva no segundo piloto e, coa primeira fase do proxecto en marcha, 1.279 mostras dos voluntarios dos primeiros distritos participantes. A análise das mostras destes 1.279 participantes da fase 1 permitiu detectar 25 novos casos positivos. En concreto, 14 participantes deron positivo en cancro de mama e ovario hereditario, dous na síndrome de Lynch e nove en hipercolesterolemia familiar.
Foto de la tercera plana (womex-2026.jpg) A Pedreira e Fillas de Cassandra estarán presentes no Womex 2026, o máis importante encontro mundial das músicas folk e de raíz que se celebra ata este domingo en Las Palmas de Gran Canaria. Trátase dunha iniciativa que ofrece aos artistas e ás empresas galegas un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante programadores, festivais, axencias de contratación e outros profesionais de diferentes países. A artista foi escollida por un xurado internacional independente para formar parte dos Official Showcases, a selección oficial de concertos coa que Womex achega aos profesionais propostas das músicas do mundo.

Notas

A Universidade de Vigo acollerá os días 4, 5 e 6 de novembro a 5th European School on Environmental Applications of Advanced Oxidation Processes (5thEPS-AOPs), un encontro científico internacional que reunirá expertos, persoal investigador, estudantes de doutoramento e representantes do sector empresarial para abordar os últimos avances en tecnoloxías de descontaminación ambiental e tratamento sostible da auga.
A UDC pon en marcha InPacto, unha iniciativa que busca achegar a investigación de excelencia á cidadanía e fortalecer a conexión entre universidade, empresa e sociedade. Este programa reúne por primeira vez nun proxecto común ao persoal investigador Ramón y Cajal (R&C) da UDC para desenvolver unha programación de actividades de divulgación, transferencia de coñecemento e participación social.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES