
O programa Venres nas librarías clausura a actividade de dinamización do libro e da lectura de 2015 con dous encontros literarios e musicais para o público infantil nos concellos de Vigo e Ourense, que terán lugar o sábado, 28 de novembro.
Ás 12:00 horas, na libraría Andel da cidade viguesa, As Maimiñas, o grupo de autoras formado por Lucía Lago Fernández e Irene Álvarez Lago, propoñeranlles aos máis novos unha viaxe musical e literaria arredor do mundo, na que presentarán o seu libro-disco Unha viaxe polo mundo, da Editorial Galaxia.
Promovido polas consellerías de Cultura e Educación a través da Secretaría Xeral de Cultura, e de Economía e Industria a través da Dirección Xeral de Comercio, pola Federación de Librarías e pola Asociación Galega de Editores (AGE), Venres nas librarías tamén despedirá a programación de 2015 en Ourense, na libraría Káthedra. Alí, ás 12:30 horas, o músico e compositor coruñés Fran Amil fará gozar os máis novos cos poemas ilustrados e musicados do seu traballo Un conto ao revés, da Editorial Galaxia.
Promoción do libro e da lectura
Desde a súa posta en marcha o pasado 2 de outubro e ata o 28 de novembro, Venres nas librarías ofreceu semanalmente, os venres e os sábados, actividades para público adulto e infantil dirixidas a promover o libro, incrementar o público lector e poñer en valor as autoras e os autores galegos.
Co obxectivo principal de promover o libro e a lectura, Venres nas librarías iniciou o pasado 2 de outubro a súa segunda edición, que terá continuidade en 2016 con novas actividades durante os meses de febreiro e de marzo. Neste tempo, o programa ofreceu semanalmente, os venres e os sábados, actividades para público adulto e infantil dirixidas a promover o libro, incrementar o público lector e poñer en valor as autoras e os autores galegos.
Coa participación de 8 editoriais e 17 librarías
Un total de 8 editoriais Nova Galicia Edicións, Edicións do Cumio, Edicións Embora, Editorial Galaxia, Edicións Xerais de Galicia, Hércules de Ediciones, Editorial Toxosoutos e Urco Editora e de 17 librarías das catro provincias Cartabón, Andel, Librouro e Casa del Libro, en Vigo; O Pontillón, en Moaña; Pedreira e Aenea en Santiago de Compostela; Trama, en Lugo; Káthedra, en Ourense; Suévia, Couceiro e FNAC, na Coruña; Nós, en Sanxenxo; Ler, en Cee; Day, en Narón; Bahía, en Foz; e Vagalume, en Lalín participan neste espazo de encontro entre público lector, libreiros e libreiras, e escritores e escritoras para dar a coñecer as novidades editoriais galegas a través de diferentes propostas.
Concursos nas redes sociais
Nestes dous meses, o programa tamén desenvolveu nas redes sociais, a través das contas de Twitter @conscultura e de Facebook www.facebook.com/CulturaGalegaXunta o concurso Andel do agasallo, con libros de regalo para as persoas que acertaron, a través de pistas, as publicacións das que se falou cada semana.
O proxecto Xenoma Galicia, que conta cun investimento de 20 millóns de euros, ten por obxecto recompilar o ADN de 400.000 galegos para identificar os xenes relacionados co cancro de mama e ovario hereditario, a síndrome de Lynch e a hipercolesterolemia familiar. Ata o de agora, foron analizadas 3.112 mostras biolóxicas. En concreto, 1.037 mostras de sangue na primeira pilotaxe do proxecto, 796 de saliva no segundo piloto e, coa primeira fase do proxecto en marcha, 1.279 mostras dos voluntarios dos primeiros distritos participantes. A análise das mostras destes 1.279 participantes da fase 1 permitiu detectar 25 novos casos positivos. En concreto, 14 participantes deron positivo en cancro de mama e ovario hereditario, dous na síndrome de Lynch e nove en hipercolesterolemia familiar.
A Pedreira e Fillas de Cassandra estarán presentes no Womex 2026, o máis importante encontro mundial das músicas folk e de raíz que se celebra ata este domingo en Las Palmas de Gran Canaria. Trátase dunha iniciativa que ofrece aos artistas e ás empresas galegas un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante programadores, festivais, axencias de contratación e outros profesionais de diferentes países. A artista foi escollida por un xurado internacional independente para formar parte dos Official Showcases, a selección oficial de concertos coa que Womex achega aos profesionais propostas das músicas do mundo.