Notas de prensa

O BNG reclama que a CRTVG emita máis cinema en galego e menos reposicións que xa están caducas

Para a deputada, Ana Pontón a CRTVG non aposta polo cinema galego, abusa de reposicións antigas e non ofrece unha programación actualizada para o sector infantil e xuvenil. O BNG denuncia que no sector da dobraxe destruíuse emprego afectando a máis de 200 familias a pesar de existir un sector estruturado entorno a CRTVG.

A deputada do BNG, Ana Pontón formulou unha pregunta en Comisión ao director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo relativa ás adxudicacións en dobraxe e os procedementos de adxudicación da produción propia e publicidade.

A parlamentaria destacou que no sector da dobraxe destruíuse emprego afectando a máis de 200 familias a pesar de existir un sector estruturado entorno a CRTVG que por mor de “non adxudicar os orzamentos comprometidos”, agrava a situación.

Outra cara do problema, dixo, é o tipo de programación que se está a ofertar en galego. A TVG “emite un 13,56 por cento da súa programación dobrada pero o 80% do total das horas emitidas corresponden a reposicións”. A deputada afirmou que a CRTVG só executa o 35 por cento da cantidade prevista anualmente para dobraxe ao que sumou o incumprimento da Lei por parte da Compañía no que atinxe á “produción, dobraxe, subtitulación e exhibición de películas en lingua galega”.

A CRTVG, explicou a nacionalista, ten unha emisión media de produtos dobrados semellante ao resto das cadeas con 14,5 horas semanais máis cando analizamos o que se emite constatamos que o 80% das horas corresponden a reposicións con produtos “caducos”. por outra parte, recalcou, a CRTVG non aposta polo cinema galego polo que non podemos ver películas de grande éxito en lingua galega porque non existe esa oferta. Mentres no resto das cadeas emitían Harry Poter no Nadal a horas de máxima audiencia a TVG subordinaba a película a un horario “sen sentido”, criticou.

Vostedes non traballan para que o sector infantil e xuvenil conte cunha oferta de calidade e desaproveitan o papel normalizador da lingua galega, “non executan orzamentos e fan unhas emisión de dobraxe antigas”, ese é o triste legado que vostede vai deixar na CRTVG.

Sánchez Izquierdo asegurou que a Televisión de Galiza está a facer “un grande esforzo coa dobraxe” por riba de España e Europa. A dobraxe que se fai en Europa é “nas grandes linguas”, inglés, francés, alemán e italiano, o “resto das linguas non fan dobraxe, fan versións subtituladas”.

Sobre a reclamación de Pontón de emitir máis produtos de cinema en Prime Time, o titular da CRTVG argumentou que non se emiten “porque non funcionan”, polo contrario o que si funciona, dixo é a produción propia externa e as reposicións.

Para a parlamentaria o directo xeral demostra “estar fora da realidade” e resulta “indigno” afirmar que a lingua galega “é inferior” ao inglés ou as grandes linguas que nomeou na súa intervención. Unha parte do problema ten que ver con esa consideración que vostedes teñen da lingua galega. Os cataláns teñen produtos importantes en lingua catalá pero o Goberno galego decidiu “non facelo” e detrás desa decisión hai un problema ideolóxico e da política que queren facer na CRTVG.

A parlamentaria reiterou a importancia da dobraxe sobre a normalización lingüística. Pontón rematou a súa intervención preguntando a canto ascenden as adxudicacións e o código de produción allea co importe entre maio do ano 2014 e 2015 para coñecer o que se adxudica cada ano.

Gabinete de Comunicación do BNG, 2015-11-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
Foto de la tercera plana (hoteis-galicia.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.

Notas

O luns 28, Día Internacional do Dereito a Saber, arranca na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (USC) a XI edición do Congreso Internacional de Transparencia e Bo Goberno (CIT), que se prolongará ata o martes 29 co apoio institucional da Xunta de Galicia, o Consello de Contas e o Consello Consultivo, entre outras institucións e organismos.
137 traballos científicos elaborados por preto de 260 autores vinculados a 52 institucións académicas e de investigación de máis dunha ducia de nacionalidades. A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da UVigo acollerá o 1 e 2 de outubro, o ITC’26, 18º Congreso Internacional de Turismo, un encontro académico e profesional no que se reunirá persoal investigador, docente e experto en turismo transfronteirizo procedente de catro continentes.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES