Notas de prensa

En Marea valora os resultados da validación da candidatura

Preto do 79% dos/as votantes apoiaron a candidatura de En Marea. Segundo os voceiros da Mesa de Coordinación, os datos amosan a solvencia de En Marea para seguir adiante cun proxecto conxunto.

Arredor do 79% dos/as votantes apoiaron as primarias de validación da candidatura de En Marea. Participaron 1.464 persoas de 3.475 rexistradas. A proposta de candidatura recibiu o voto favorable de 1.153 votos (78,76%). Houbo 203 votos en contra (13,87%) e 198 votos en branco (7,38%).

Os resultados foron valorados positivamente polos voceiros da coalición que, segundo sinalaron, poñen de manifesto a solvencia e a vocación de continuidade dun proxecto común.

Os representantes de En Marea explicaron que este proceso de acumulación de forzas encádrase no marco dun novo xeito de facer política.

Asemade, os integrantes da Mesa de Coordinación puxeron en valor a capacidade de construír unha candidatura con vontade colectiva, que ten entre os seus referente os espazos municipais do 24M.

Podedes consultar os resultados e o resto da información en: http://enmarea.gal/resultados-das-primarias-de-validacion-en-marea/

Equipo de Comunicación En Marea, 2015-11-16

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES