//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
A Galiciencia vén de ser seleccionada finalista entre as dez solucións máis inspiradoras do mundo pola Asociación Internacional de Parques Científicos e Tecnolóxicos (IASP). A feira científica de referencia en Galicia é organizada anualmente por Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole co apoio da Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Fundación Española de Ciencia e Tecnoloxía (Fecyt).
A terceira edición do Congreso Red Localis desenvolverase os días 20 e 21 de xuño no Campus de Ourense, onde se darán cita máis de 70 especialistas en administración municipal, tanto estatal como internacional, para abordar os desafíos do municipalismo para o século XXI, como son a transparencia, a xestión eficiente, a sostibilidade e a innovación na selección de persoal. O programa desenvolverase en catro bloques con ponencias temáticas a cargo dos diferentes participantes.
A mellora da conectividade do tecido empresarial é unha das liñas de actuación do Plan de Banda Larga 2020. En catro anos as medidas do Plan posibilitaron o acceso a redes de ata 600Mbps a máis de 1.750 empresas de 81 polígonos industriais e outras máis de 80 situadas fora destas áreas. A primeira medida do Plan foi a mellora da conectividade nos polígonos industriais. En colaboración co operador R facilitouse a cobertura de redes de 350Mbps a 81 que albergan a máis de 1.750 empresas.
Con motivo do centenario da eclipse total de Sol no que se comprobou por primeira vez unha das predicións da Teoría da Relatividade Xeral de Albert Einstein, o investigador do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) e profesor da USC José Edelstein ofrecerá unha conferencia pública o vindeiro mércores, 29 de maio, ás 19:30 h no Centro Obra Social ABANCA (praza de Cervantes) de Santiago de Compostela.
A nova edición da Maker Faire Galicia ven con dúas novidades: celebrarase a principios do verán e, debido ao éxito das anteriores, pasará de 3 a 5 días de duración, ampliando as xornadas profesionais de unha a tres xornadas. A Maker Faire é a maior feira de inventores do mundo, un escaparate para a creatividade e o enxeño, pensado para tódolos públicos e disciplinas: gastronomía, robótica, mecánica, ciencia, arte urbana, música, electrónica, artesanía, etc.
O Concello de Ourense participa activamente a través da Concellería de Promoción Económica no proxecto europeo Geoatlantic, que aposta por fomentar o desenvolvemento sostible aproveitando as enerxías renovables, Representantes municipais asisten hoxe na localidade de Inveravay, Escocia, á xuntanza técnica do grupo de traballo que ten como finalidade compilar esforzos e iniciativas xunto cos socios europeos do arco atlántico.
Un equipo do CiQUS da Universidade de Santiago acaba de desenvolver un nanomaterial intelixente que, ao ser iluminado, libera fármacos no interior celular de forma controlada. As propiedades deste novo material poroso, con múltiples aplicacións máis aló do ámbito biomédico, recóllense nun traballo realizado en colaboración coa Universitat Rovira i Virgili e o IMDEA Energy, que foi publicado na prestixiosa revista Angewandte Chemie.
As cinco iniciativas dan resposta aos retos lanzados a final de ano para ofrecer solucións en retransmisións de eventos deportivos, aplicacións para Android TV, contidos formativos innovadores e Big Data aplicado ao consumo televisivo. Entre os obxectivos principais da aceleradora están o rendibilizar a medio prazo as solucións que xurdan e axudarlles a atopar unha saída áxil e eficaz no mercado.
Baixo o tíutlo 'Finn Who else can join the data privacy war on the side of consumers? Its not who you think: Construíndo unha internet limpa e segura' o director executivo da organización CleanApps.org, David Finn contou a o historia de internet e a ciberseguridade, como naceron os problemas co malware e o fraude nas apps e cales son as perspectivas de futuro para afrontar eses problemas.
A Amtega e a Universidade da Coruña colaboran para achegar a Galicia a un dos máximos expertos internacionais en materia de ciberseguridade, o estadounidense David FInn, actualmente director executivo da organización CleanApps.org. O vindeiro 20 de marzo no Auditorio da Biblioteca da Cidade da Cultura, acollera o relatorio de Finn 'Who else can join the data privacy war on the side of consumers? Its not who you think: Construíndo unha internet limpa e segura'.