Archivo (1 del 2022)

Buscador

Noticias

Galicia segue a mellorar os resultados positivos das súas vendas ao exterior, ata o punto de que as exportacións galegas marcan un novo récord e suman, entre xaneiro e novembro de 2021, máis de 23.000 millóns de euros. A cifra, que non se acadara ata o de agora nun exercicio completo no conxunto da serie histórica, permite superar por quinto ano consecutivo os 20.000 millóns de euros en exportacións, acadando un novo teito á espera de pechar 2021 coas cifras do último mes de decembro. Neste sentido, e tal e como amosan os últimos datos dispoñibles publicados polo Instituto Galego de Estatística (IGE), as exportacións galegas aumentaron, entre xaneiro e novembro do ano pasado, nun 22,2%, ata acadar os 23.122 millóns.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 77.236 deles 15.852 son da área da Coruña, 7.888 da de Lugo, 8.183 da de Ourense, 9.175 da de Pontevedra, 20.407 da área de Vigo, 11.755 da de Santiago e 3.976 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 49 están en UCI, 539 en unidades de hospitalización e 76.648 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 278.447 persoas curadas, rexistrándose 2.861 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.486.009. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.178.955.
O festival de curtametraxes Pequefilmes, que fomenta a creación de novos públicos para o cinema, consolídase este ano como polo de atracción das mellores pezas audiovisuais para as audiencias infantís. Cunha programación que supera os 80 filmes procedentes de máis de 20 países, Pequefilmes é xa unha cita cultural imprescindible para as familias e tamén para creadores de todo mundo. O festival decorrerá nos días 29 e 30 de xaneiro con proxeccións en sala e en liña, apostando por manter o formato híbrido.
O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, cifrou hoxe o sobrecusto da variable dispersión para Galicia en máis de 500 millóns anuais, máis do dobre do que aporta o sistema. Así o expuxo esta mañá na súa comparecencia na Comisión non permanente especial de estudo para abordar a proposta da Comunidade Autónoma de Galicia diante da reforma do sistema de financiamento. O conselleiro sinalou que a dispersión é o que caracteriza á Comunidade Autónoma e o que a singulariza en España, e remarcou que é un factor exclusivo que a diferenza doutras Comunidades Autónomas pero que a achega a Europa.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 75.961 deles 15.388 son da área da Coruña, 7.745 da de Lugo, 8.229 da de Ourense, 8.908 da de Pontevedra, 20.348 da área de Vigo, 11.365 da de Santiago e 3.978 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 55 están en UCI, 553 en unidades de hospitalización e 75.353 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 273.086 persoas curadas, rexistrándose 2.858 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.479.139. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.147.679.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 72.573 deles 14.747 son da área da Coruña, 7.439 da de Lugo, 8.149 da de Ourense, 8.459 da de Pontevedra, 19.002 da área de Vigo, 10.700 da de Santiago e 4.077 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 54 están en UCI, 556 en unidades de hospitalización e 71.963 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 265.149 persoas curadas, rexistrándose 2.847 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.468.165. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.135.723.
A Xunta adaptou o novo protocolo de xestión de casos covid en centros educativos fixado a nivel nacional ao contexto específico das escolas infantís. A principal novidade deste documento é que unha aula se illará cando os casos positivos confirmados superen o 20% do total dos nenos e traballadores dun grupo de convivencia estable. O Goberno central emitiu unha directriz para todas as comunidades autónomas que ten como ámbito de aplicación os centros educativos de 0 a 12 anos. Nela establécese que pechará unha aula cando o número de positivos supere os cinco nenos ou o 20% da aula.
A nosa comunidade situouse en 25 puntos por riba da media nacional en canto á recuperación da actividade turística con 3,5 millóns de viaxeiros e 8 millóns de noite, e con case 180.000 Compostelas entregadas fronte ás 140.000 previstas. O modelo de turismo tranquilo en espazos abertos que buscan os viaxeiros pospandemia converteu á comunidade nun destino de moda o ano pasado e ao Camiño de Santiago nun reclamo turístico neste Ano Santo. A isto axudaron iniciativas como o seguro coronavirus, o bono turístico ou o traballo de promoción a través da campaña Camiña a Galicia.
A nova RIS3 terá como cometido o fortalecemento do ecosistema galego de I+D+i, buscando a transferencia do coñecemento ao mercado, captando e retendo máis talento, e posicionando a Galicia como un referente a nivel estatal e europeo. Así, a nova RIS3 está concebida como unha estratexia transversal e multicompetencial para fortalecer e completar as cadeas de valor dos sectores estratéxicos galegos e impulsar a súa circularidade. O investimento en I+D na Comunidade medrou un 34,4%, máis de 10 puntos por riba da media nacional (23%), conseguindo o nivel máis alto (641,7 millóns de euros). Ademais, a innovación galega medrou case o dobre do ritmo da media española desde 2014.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 64.781 deles 13.049 son da área da Coruña, 6.683 da de Lugo, 8.048 da de Ourense, 7.241 da de Pontevedra, 15.902 da área de Vigo, 10.089 da de Santiago e 3.769 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 53 están en UCI, 488 en unidades de hospitalización e 64.240 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 251.583 persoas curadas, rexistrándose 2.836 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.448.117. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.093.798.
« Anterior | 3  de  6 | Siguiente »

Archivo

2025 (184)

2024 (514)

ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES